Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta educación en valores

8 de Marzo Pola Igualdade

Imaxe
Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras téxtiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban. Distintos movementos sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga. En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. Actualmente, celébrase como o Día Internacional da Muller, e por iso vos traemos unha mostra de obras sobre o tema que están na plataforma E-LBE.2 : https://...

Cuestionate: Loita pola igualdade

Imaxe
  A pesar dos avances conseguidos aínda queda un longo camiño por percorrer para chegar a lograr unha igualdade real entre xéneros. Os datos actuais móstrannolo; na maioría dos países as condicións de igualdade entre homes e mulleres distan moito de ser unha realidade. Se falamos de violencia, desde que se desatou o brote de COVID-19, os novos datos e informes revelan que se intensificou todo tipo de violencia contra as mulleres e as nenas, sobre todo, a violencia no fogar. É a pandemia na sombra que crece no medio da crise da COVID-19 e necesitamos un esforzo colectivo xeneral para detela. Con este vídeo que forma parte do noso quiz "questionate" queremos falar diso dunha maneira diferente, dunha maneira lúdica, para conseguir unha futura cidadanía comprometida e sensibilizada que contribúa a vencer á violencia, rompendo estereotipos e cambiando mentalidades.  Enrédate e crea fíos pola igualdade!

De nenas a lendas: 15 historias de emprendemento feminino

Imaxe
  Unha iniciativa única de sensibilización e empoderamento que forma parte da campaña Enredadas e foi impulsado e desenvolvido por 24 mulleres (2 máis na súa versión en galego), dá voz ás historias de 16 emprendedoras de diferentes países —España, Bolivia, Colombia, Nicaragua e Perú— e promove o valor da perseveranza, a creatividade e o liderado feminino en contextos diversos e moitas veces adversos. Cun enfoque didáctico, De nenas a lendas preséntase como unha ferramenta educativa que inspira a novas xeracións a desenvolver o seu espírito emprendedor e a afrontar os desafíos desde a valentía e a resiliencia. Esta obra busca inspirar e educar sobre o valor da perseveranza e o liderado feminino en contextos diversos. Cada historia, ilustrada por unha artista diferente, eleva a estas mulleres como referentes para novas xeracións. Para descargar a obra

Novos xogos de mesa na Biblioteca do Xanvi !

Imaxe
 JUEGO DE TONOS JUEGO DE TONOS (edición bilingüe inglés-castellano) ¿Cuánto sabes de escalas? ¿Y de acordes? ¿Qué tal con las figuras rítmicas? con Juego de Tonos ® podrás mejorar tu nivel musical a la vez que te diviertes con 12 juegos de cartas distintos que presentan una gran variedad de mecánicas (de estrategia, solitario, cooperativos). En ellos se te retará a formar acordes o escalas, a completar compases, ¡o a todo a la vez!. Todos los juegos poseen múltiples niveles, gracias a lo cual se puede jugar de literalmente cientos de formas diferentes. Para algunos de ellos no tener conocimientos de música, otros son para nivel principiante, y la dificultad se va elevando hasta llegar a juegos con un alto componente de estrategia en el nivel avanzado, combinando intervalos, escalas, acordes y figuras rítmicas ¡Pon a prueba tu nivel musical y aprende sin darte cuenta con este divertido set de juegos! Diseñado desde el punto de vista didáctico, Juego de Tonos incluye una gradación d...

Ver para crer. Inspirando ás mulleres a cumprir os seus soños

Imaxe
Dicimos ás nenas que poden ser o que queiras, pero ás veces as aspiracións requiren un pouco de inspiración.  O Festival All About Women, en colaboración co socio do evento Maserati, axudou a tres mulleres novas a atopar mentores que as inspiren a conseguir os seus soños. Producido pola Sydney Opera House e Maserati.  Maserati é un orgullosos socio da Ópera de Sydney e do all About Women Festival. A Sydney Opera House é unha icona australiana e un dos centros de artes escénicas máis activos do mundo. Nesta canle atoparás actuacións, contido entre bastidores. Con máis de 40 espectáculos á semana na Ópera de Sydney, hai algo para todos.

Estamos de celebración! 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares :D

Imaxe
  Dende 1997 celébrase o  Día das Bibliotecas  o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.   O lema deste ano, " Por un futuro sostible ", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todos os rapaces, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares...