Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2022

DOAZÓN: NOVIDADES EN QUINTETO DE VENTO

Imaxe
Grazas á doazón de ZOAR, temos novidades en quinteto de vento ( MC.Q 42 e CD-MC.Q/LÓP/gar ): " Este ano 2022 celébrase o centenario do nacemento do compositor brigantino Carlos López  García-Picos , un dos principais nomes da creación musical galega do século XX e fundador da Asociación Galega de Compositores. Un prolífico autor que, entre outros xéneros, se dedicou con xenerosidade á música de cámara, é por iso que non queremos deixar pasar a oportunidade de contribuir á súa difusión nesta salientable efeméride.  Un dos principais obxectivos da nosa formación é a recuperación do patrimonio musical galego e a súa posta en valor tanto no ámbito cultural como no académico. Hai 5 anos xa seguindo esta liña de traballo finalizamos un proxecto moi ambicioso: unha doble publicación de partituras e cedé coa súa obra completa para quinteto de vento do compositor. Unha edición das partituras de 7 obras, e das súas respectivas partichelas que permitirá interpretar esta música a futuras xe

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: 8 DE ABRIL

Imaxe
Fonte: Sociedad Filarmónica Ferrolana   Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana dez alumnos/as do conservatorio poderán ir de balde ao concerto. É doado. Só tes que seguir uns pasos sinxelos: 1.      Data límite para reservar a túa entrada:  mércores 6/4/22  ata o peche do conservatorio. 2.      As entradas (10) adxudicaranse por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3.      As entradas recolleranse o xoves día 7 pola tarde na  Conserxería do conservatorio . 4.      As entradas son personais e intransferibles. A Taquilla do Jofre terá un listado cos/coas alumnos/as que leven entrada. O seus teléfonos de contacto serán facilitados á billeteira do Jofre segundo o seu protocolo. Animádevos! 

CONCERTO SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: hoxe

Imaxe
 

ASESORÍA DE BE: ENCONTROS PLAMBE 2021-22

Imaxe
                                     Fonte:   Encontros PLAMBE 2021-2022 | Bibliotecas escolares (xunta.gal) Os vindeiros 24 e 25 de marzo celébranse, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2021/2022, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, o patrimonio inmaterial. Ademais, presentaranse un total de 18 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, biblioteca inclusiva, voluntariado e outros... ).   Un espazo de encontro no que as bibliotecas escolares de Galicia teñen a palabra.  Máis información:  Encontros PLAMBE 2021-2022 | Bibliotecas escolares (xunta.gal)

NOVIDADES EN LINGUAXE MUSICAL

Imaxe
  Grazas ao ANPA temos novidades nos fondos de linguaxe musical, Consulta a súa disponibilidade en  OPAC

NOVIDADES AUDIOVISUAIS: PREMIOS Á EXCELENCIA MUSICAL 2019-20

Imaxe
Achegan desde a secretaría xeral de Educación e Formación Profesional tres exemplares de cada CD:  "Os convenios entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e a Fundación Paideia Galiza para a colaboración educativa nas ensinanzas profesionais e superiores de música, teñen como obxectivo a promoción e posta en valor de artistas dos conservatorios galegos.  Unhas das actuacións de colaboración establecidas nos anteditos convenios é a concesión de premios á excelencia musical por medio da realización de gravacións discográficas. O primeiro premio á excelencia musical Mans Futuro Fundación Paideia Galiza Consellería de Cultura, Educación e Universidade parar artistas noveis dos conservatorios superiores de música galegos, consiste no dereito á gravación discográfica, mestura, edición e masterización dun CD.  Teño o pracer de achegarlle exemplares dos CD de Daniel Fernández López e Estefanía Cereijo Omil, gañadores do primeiro premio á excel

NOVIDADES EN PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS

Imaxe
Xa está dispoñible o derradeira número da revista "Aula de Secundaria" nº 45. Un saúdo  

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: 25 de marzo. Gustaríate asistir?

Imaxe
  Fonte: Sociedad Filarmónica Ferrolana Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana dez alumnos/as do conservatorio poderán ir de balde ao concerto. É doado. Só tes que seguir uns pasos sinxelos: 1.      Data límite para reservar a túa entrada:  mércores 23/3/22  ata o peche do conservatorio. 2.      As entradas (10) adxudicaranse por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3.      As entradas recolleranse o xoves día 24 pola tarde na  Conserxería do conservatorio . 4.      As entradas son personais e intransferibles. A Taquilla do Jofre terá un listado cos/coas alumnos/as que leven entrada. O seus teléfonos de contacto serán facilitados á billeteira do Jofre segundo o seu protocolo. Animádevos! 

NOVIDADES PIANO: ALBERTO VILAS

Imaxe
  Temos novidades en piano-só: Naialma , de Alberto Vilas. Un libro-CD cunha fermosa edición e as partituras. Podedes atopalo en PI.V (S) 21 e 22 (*R7460-7461). Gardaremos con moito agarimo os exemplares dedicados ao centro ( M 187-188: *R7462 e 7463 ): " Con todo o meu agradecemento e moitísimo agarimo para o Conservatorio Xan Viaño  de Ferrol "  " O Conservatorio Xan Viaño de Ferrol é o primeiro lugar no que se presenta este libro de partituras de "NAIALMA". Con todo o meu agradecemento polo convite e a acollida. Asdo. 10 febreiro 2022 ".

DOAZÓN: NOVIDADES VARIADAS

Imaxe
  Que teñen en común unha biografía de Mozart, un cómic en galego, La sonrisa etrusca, literatura xeral e infantil? Pois que pertencen a unha doazón xenial.  Podes consultar a súa disponibilidade en novidades na  OPAC