Ciencia en feminino. Ser científica no século XXI
As doutoras María Tubío, María José Ginzo e Cintia Folgueira participan na segunda sesión de 'Ciencia en feminino' para falar sobre os avances e os retos das mulleres científicas A segunda entrega do ciclo de charlas e mesas redondas Ciencia en feminino continúa a programación sobre o 8M da Deputación de Pontevedra cun debate no que participan tres científicas galegas. As doutoras María Tubío, María José Ginzo e Cintia Folgueira expoñerán a súa vivencia sobre ser científicas neste século XXI. En que aspectos avanzamos? Cales quedan por traballar? Nesta ocasión, as investigadoras analizan a situación das mulleres no seu sector, os maiores retos aos que se afrontan durante a carreira ou a falta de igualdade no eido divulgativo. Ciencia en feminino continuará ao logo de todos os mércores de marzo. Trala primeira entrevista da pasada semana coa física galega Mar Capeáns e esa mesa redonda, a programación continuará co...