Durante estas derradeiras semanas, no blog da biblioteca estamos a publicar entradas feitas por profesores sobre música, gustaríavos participar tamén? Trataríase de elixir unha peza musical relacionada coa vosa especialidade (ou non) e facer unha pequena entrada deixándovos levar. As vosas entradas serían publicadas no blog da biblioteca. O contido dentro do lema é libre: podedes comentar por qué a elixístedes, como a descubrístedes, por que vos gusta, que significa para vos, se grazas a ela pudistedes viaxar a outros sitios ou épocas (reales ou non), coñecístedes a outros autores, etc... Podedes insertar videos, audios, debuxos, enlaces, etc... Pode ser da nosa cultura ou non... A idea é compartir anacos das vosas "xeografías sonoras". As vosas entradas enviaranse ao correo da biblioteca ( bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com ) e no asunto especificade: " Alumnado: Xeografías sonoras ". A data límite para a recepción das entradas para o blog será o 30 de a