Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta AC/DC

XEOGRAFÍAS SONORAS: Rock’ And Roll

Imaxe
   Rock´And Roll Non se sabe con certeza a orixe do termo Rock'and Roll como xénero musical. Literalmente significa "mecer e rodar " que é un termo náutico que se usa dende o século XVII para describir os movementos que un barco realiza a mercé das ondas. Pero parece que o que acuñou este termo para o estilo musical foi Alan Fred. Alan Fred foi un disc jockey estadounidense que a principios dos anos 50 tiña un programa nocturno no que emitía música de Rithm & Blues, un estilo de música mal visto naquel momento pola súa linguaxe vulgar, danzas provocadoras e, sobre todo, por ser música negra. Alan comezou a usar o termo Rock'and Roll porque algunhas cancións tiñan estas palabras nas súas letras e tamén quizais para desviar un pouco a atención do feito de que eran música negra, xa que Rhythm & Blues e Rock non diferían moito.  O programa (Moondog’s Rock And Roll Party) tivo tanto éxito que o gusto polo novo estilo musical esténdese coma a pólvora non só nos Esta...