Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Tradicións

Caderno de San Xoán 2026 Ritos, ditos, lendas e tradicións da noite máis máxica de Galiza

Imaxe
  Boas!  Estás diante do primeiro caderno de Orgullo Galego no que falaremos sobre a festividade de San Xoán. Esta é unha das noites máis máxicas do ano, un momento no que suceden fenómenos especiais, unha noite na que precisamos celebrar certos ritos para estar protexidas e protexidos. Neste caderno, convidámoste a te mergullares nos ritos e tradicións dunha data liminal que leva séculos marcando ao pobo galego. Aquí atoparás lendas, moitas lendas; tamén descubrirás o papel de figuras mitolóxicas como a Moura ou as Bruxas, aprenderás como facer o cacho de San Xoán, que ditos temos asociados a esta data, o papel do lume, a auga, as herbas e ben máis cousas!  Agardamos que sexa de proveito e poida contribuír a coñecer máis sobre esta data tan senlleira. Bon San Xoan !

Cambios de última hora na entrega de premios do " I Concurso Postal Musical de Nadal "

Imaxe
  Queremos informar de que, debido a un imprevisto, non podemos facer a entrega dos premios como se tiña previsto. Pedimos desculpas polas molestias e polo cambio de última hora.  De todos xeitos, o alumnado participante e tamén os premiados, poden recoller o seu agasallo e o seu diploma en conserxería , polo que tamén agradecemos aos conserxes o favor que nos fan.  Dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca , queremos desexar a todo o alumnado e ás súas familias, que pasedes unhas boas festas e que o aninovo 2025 sexa bo e cargadiño de moi bos libros e música. Apertas e vémonos o ano que ven !

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL

Imaxe
🎄I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL🎄 Dende hoxe xa podedes participar no I Concurso Postal de Nadal Musical !!!  Está organizado polo Equipo de Biblioteca do Xan Viaño, en colaboración co Equipo de Dinamización de Lingua Galega .   Sabemos que tedes moitísimo talento así que esperamos que participedes, enchendo de moita felicidade, solidaridade, sorrisos, esperanza, etc., todo o que queirades transmitir na postal, mesturado cunha boa música.  Lembrade que a postal debe ter temática musical : a botarlle imaxinación ! 😊  ✐💬Se che apetece, podes deixarnos recomendacións musicais, preferiblemente de música clásica, para estas datas. Algunha receita de biscoitos típicos do teu lugar de orixe, galletas, etc., para compartir. E por suposto, algunha proposta lectora para acompañar. Pódelo compartir aquí como comentario neste blog ou ben nun buzón que se porá na biblioteca para esta finalidade. Aquí tedes as bases : 👀👀🎇 Lede ben as bases porque está todo ben deta...