Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

NOVIDADES: HISTORIA-VARIOS (Historia galega)

Imaxe
  Dende a Orquesta Clásica de Vigo achegan este exemplar da publicación " Os timbais da Banda Municipal de Vigo. Historia musical de vigo a través dunha restauración ".  " Nela recóllese o proceso de localización, documentación e restauración duns timbais históricos que foran esquecidos nun faiado durante máis de trinta anos coa fin de poñer en valor a súa memoria ".  Xa o tedes disponible en H.V/MAR/tim (*R7510) .   Consulta a súa disponibilidade en  OPAC

O MEU ANACO DE ÓPERA FAVORITO FOI...

Imaxe
  Podes votar no enlace de abaixo ou ben na urna que está na biblioteca ata o 5  de maio.  O anaco de ópera favorito será proxectado na biblioteca!!! Estade atentos ao blog.   Pincha aquí para votar

ANACO 5: BRÜDERCHEN, KOMM, TANZ MIT MIR

Imaxe
Fonte: youtube.com Seguro que coñeces o conto homónimo dos irmáns Grimm no que está baseada esta ópera en tres actos "Hansel e Gretel" (Humperdinck, 1893).  Nos 4 primeiros minutos do vídeo tedes o " Irmán, ven, baila conmigo ", anaquiño que seleccionamos, onde os irmáns divírtense ao principio do conto ( Tradución ):  Irmán, ven, baila conmigo,  dareiche as dúas máns  unha vez aquí, unha vez ahí,  arredor, isto non é difícil.  Coa testa, nick nick nick  Co dedo tick tick tick  unha vez e volta, outra vez e volta,  arredor, isto non é difícil.  Cos pés, trap trap trap  Coas máns clap clap clap  unha vez aquí, outra vez ahí,  arredor, isto non é difícil.  Unha vez máis o fermoso xogo porque gustouno tanto unha vez aquí, outra vez ahí,  arredor, isto non é difícil. Coa cabeza, con teus pés, atrás e adiante outra vez. Arredor, isto non é difícil.  Lembra que podes votar polo teu anaco favorito ata o día 6 de maio na biblioteca ou a través de: Para votar o meu anaco de

ANACO 4: DUETO DAS FLORES

Imaxe
Fonte: youtube.com Lakmé é unha ópera en tres actos, con música de Léo Delibes (1836-1891), e libreto en francés de Edmond Gondinet e Philippe Gille, baseado na novela Rarahu ou Le mariage de Loti de Pierre Loti. Foi estreada no Teatro da Opéra-Comique de París, o 14 de abril de 1883. Fonte:  Libreto de la ópera Lakmé Léo Delibes (fiorellaspadone.com.ar)  A ópera está ambientada na India, en tempos do Imperio colonial Británico de finais do século XIX, na liña doutras óperas francesas e da moda de captar un ambiente oriental e exótico.   Neste anaco seleccionado, que seguro coñeces, Lakmé prepárase xunto coa súa serva Mallika para o baño e recoller flores de loto azuis co fin de ofrecerllas ao deus Ganeza; collen unha barca e marchan polo río. LAKMÉ Ven, Mallika!, as pólas florecidas derraman xa a súa sombra sobre o arrollo sagrado que corre, tranquilo e oscuro, despertado polos cantos dos paxaros alborotadores! MALLIKA Oh, miña dona! Esta é a hora na que te vexo sorrir, a hora bendit

ANACO 3: AGITATA DA DUE VENTI (Griselda, Vivaldi)

Imaxe
  Fonte: bing  Hoxe imos viaxar ata o Barroco con Vivaldi para escoitar un anaco da súa Griselda, estreada en 1735: o aria " Agitata da due venti " a cargo da xenial Cecilia Bartoldi no papel de Costanza: Fonte: youtube.com  Copiamos o texto en italiano e a súa tradución ao galego. Parece que Costanza ten o cor feito un lío: Agitata da due venti, freme l'onda in mar turbato e 'l nocchiero spaventato già s'aspetta a naufragar.  Dal dovere da l'amore combattuto questo core non resiste e par che ceda e incominci a desperar.  Sacudida por dous ventos trembla a onda no mar axitado e o timonel asustado imaxínase xa o naufraxio.  Entre deber e amor está pelexando este cor.  Xa parece que non poda máis e que comeza a desperar.  Nesta outra versión a cargo de Veronima Cangemi podedes seguer a partitura e apreciar tamén toda a súa beleza cantada por unha soprano (de feito tamén podedes atopar o aria cantada por contratenores!): Fonte: youtube Por se sentides curiosidad

ANACO 2: NESSUM DORMA, Turandot (Puccini)

Imaxe
 Fonte: bing " Nessum Dorma " é un aria do acto final de "Turandot", ópera de Giacomo Puccini onde Calaf, perdidamente namorado de Turandot, canta o seu plan.  O seu argumento di así (Fonte:  Turandot de Puccini | iOpera ):  "A ópera desenvólvese en Pekín, realmente nun conto máxico de conto de fadas. A fermosa mais cruel princesa Turandot, filla do emperador, decidiu que só casaríase con aquel que conseguira averiguar os tres enigmas que ela proporía. No caso contrario, o pretendente moriría. Cando chegan á cidade Timur -ancián rei tártaro exiliado- e Liú -a súa xove esclava- xa son moitos os cadáveres dos pretendentes aos pés da princesa.  Alí reúnense con Calaf, fillo de Timur, a quen creían morto, e amor segredo de Liú. Calaf, ao veren a Turandot, enamórase perdidamente dela e, aínda que os demáis tratan de persuadilo, decide afrontar as probas para optar á súa mán.  Unha a unha supéralas todas mais ao veren que Turandot non desexa cumplir a súa palabra, Ca

ANACO 1: DÚO PAPAGENO-PAPAGENA, da Frauta Máxica (Mozart)

Imaxe
 Fonte: bing  O primeiro anaco da semana é de Mozart. Seguro que xa coñecedes " A Frauta Máxica ", un singspiel en dous actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto de Emanuel Schikaneder (KV620).  O Singspiel é un xénero popular e teatral típicamente alemán que alterna partes faladas con outras cantadas que por iso pódennos lembrar á  opéra-comique francesa ou á  zarzuela española.   Se queredes afondar no argumento e libreto da ópera (mellor Singspiel), podedes consultar esta interesante páxina: Argumento de la ópera La Flauta Mágica de Wolfgang Amadeus Mozart (fiorellaspadone.com.ar)  E volvendo ao noso anaco seleccionado para hoxe ( O dúo de Papageno e Papagena ), enlazamos cun video que inclúe o pequeno solo de Papageno antes do dúo: Papageno está desesperado, perdeu á súa amada e teme quedarse só. Nese intre, cando está determinado a suicidarse, aparecen os tres xenios e aconséllanlle empregar o carillón. Papageno faino e aparece Papagena. Ambos decláranse o

ASESORÍA DE BE: DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2022

Imaxe
Fonte:  Asesoría de Bibliotecas Escolares    " Achégase o   Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor , en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade  edítase o cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2022.   Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso o escritor, editor e tradutor,   Xosé Ballesteros , quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose  na parte menos visible do libro, esa marabillosa viaxe colectiva que inician autores/as e ilustradores/as, con parada en editoriais, imprentas, librarías, para atopar, finalmente,  porto seguro nas nosas bibliotecas escolares.      "Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo"   Neste mes, e todo o ano, non esquezamos que os libros chegan as nosas mans grazas a unha cadea de traballo colectivo que non debemos romper. Habitemos este espazo que creamos xuntos/as

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Imaxe
  Nos tempos que estamos a vivir, coa pandemia do coronavirus, os libros axúdannos máis que nunca a manternos informados, entreternos, a estender vínculos con outras persoas e con outras culturas, para fomentar a nosa creatividade. Como di Audrey Azoulay, directora xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial do Libro: “os libros teñen esa capacidade única de entreternos, de instruírnos, de ser ao mesmo tempo o instrumento que serve para saír dun mesmo e para coñecer a un autor, un autor, un universo ou unha cultura, e ofrecer un tempo para mergullarse máis en si mesmo". Vivan os LIBROS!!!!!

SEMANA 25-29 abril: ANACOS DE ÓPERA

Imaxe
 

NOVIDADES: CLARINETE

Imaxe
   Temos novidades en Clarinete           Consulta a súa disponibilidade en  OPAC

25-29 ABRIL: SEMANA DA ÓPERA

Imaxe
A semán que ven, imos celebrar a semana da ópera. Aproveitando que o lema deste curso das bibliotecas escolares é " a biblioteca escolar ten a palabra ", pois que mellor que escoitar anaquiños de ópera e desfrutar das palabras e a música.  Estade atentos ao noso blog ou ao noso Facebook. Canva  

NOVIDADES: GUITARRA

Imaxe
   Temos novidades en Guitarra soa ( G.S 37 e 38, *R7508-9 )          Consulta a súa disponibilidade en  OPAC

NOVIDADES: VIOLÍN

Imaxe
   Temos novidades en violín con piano ( VL.P 84 *R7498 )          Consulta a súa disponibilidade en  OPAC

COÑECES AOS IRMÁNS ZAPICO?

Imaxe
                                                                                          Fonte: youtube   No día dos irmáns, aquí temos tres. Para comezar:  Universo Zapico – Todos los proyectos de Aarón, Daniel & Pablo Zapico

10 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DOS IRMÁNS

Imaxe
 O 5 de setembro celébrase en moitos países do mundo o Día Mundial do Irmán para render homenaxe a un dos nosos familiares máis próximos, co que nos criamos, compartimos teito e mesmo, nalgúns casos, cuarto, roupa e confidencias. Esta efeméride non só fai referencia aos irmáns por afinidade de sangue, senón tamén a aquelas relacións fraternais que demostran solidariedade, unión, cariño e incondicionalidade.

HOXE: SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA

Imaxe
  Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, alumnos do centro poderán asistir de balde a este concierto.  Se ti tamén eres alumno/a do centro, anímate para o seguinte concerto o 3 de xuño, o derradeiro da tempada.

BUSCADOR DE RECURSOS MUSICAIS

Imaxe
  Fonte:  Buscador de Recursos Musicais (xunta.gal) Un compañeiro lémbranos este marabilloso buscador de recursos musicais de autores galegos xa recomendado polo equipo de dinamización da lingua galega do centro, dentro do plan proxecta . Copiamos a nota informativa da páxina e a partir de agora terémola no blog de xeito fixo para que poidades consultalo rápidamente.

7 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Imaxe
 O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde, en recoñecemento á saúde como un dereito básico e universal, así como en promover o acceso a unha atención sanitaria de calidade en todas as rexións do mundo, especialmente na poboación con escasos recursos. 

NOVIDADES: TROMPETA

Imaxe
   Temos novidades en Trompeta dúos (TPA.D *R7500)          Consulta a súa disponibilidade en  OPAC

NOVIDADES: PIANO

Imaxe
   Temos novidades en Piano só do Mestre Vide: PI.S (V) 23   (*R7496)          Consulta a súa disponibilidade en  OPAC

NOVIDADES: CANTO

Imaxe
 Temos novidades en Canto con piano ( C.P  87 e 88, *R7497 e 7499 )          Consulta a súa disponibilidade en  OPAC

2 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Imaxe
Ler é liberdade. Ler é respirar. Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a  habitar mundos que nunca vas querer deixar.   Ler permítelle ao teu espírito soñar.   Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.   A plenitude do teu universo só medra cando les.   As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa que logo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.   As historias son menciña. Curan. Reconfortan.   Inspiran. Ensinan.   Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso. RICHARD VAN CAMP, AUTOR TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO

NOVIDADES: PEDAGOGÍA E DIDÁCTICA

Imaxe
 Temos novidades en Pedagoxía e didáctica: "Acoso Escolar" ( PE/LÓP/aco )          Consulta a súa disponibilidade en  OPAC