Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2017

NOVA DOAZÓN

Imaxe
   Esta semana tivemos unha nova doazón. O seu antigo dono foi músico profesional de banda. Comezaremos en breve o expurgo e a súa catalogación e estaredes informados do que atopemos Un saúdo desde biblioteca

QUODLIBET Nº 63 e separata

Imaxe
Xa están disponibles o número 63 da revista Quodlibet e a súa separata. Nesta ocasión a separata é o cuarteto de cuerda " Tres estancias para una reina " de Consuelo Díez. Está catalogado como MC.C 50 (*R5807)  e podedes ver a súa disponibilidade na OPAC

NOVIDADES EN SEÑALIZACIÓN

Imaxe
  Desde esta semana temos unha nova sinalización: unha distribución temática dos fondos . Comentar que é provisional en espera de que nos cheguen os andéis novos pedidos e podamos completar o pasillo da dereita. Así mesmo o fondo "Xan Viaño" aínda está xunto cas obras de referencia pero esperamos poder facer o cambio a súa ubicación definitiva pronto.     A lenda de cores correspóndese cas cores xa empregadas nos andéis e cas etiquetas nos fondos novos que xa se están a incorporar: instrumentos: azul amarelo: acompañamento, composición, historias vermello: cámara, coro, orquestra e banda verde: linguaxe laranxa: literaturas rosa forte: interpretación rosa suave: recursos musicais beige: pedagoxía Lembrade que os andéis están numerados na esquina esquerda arriba.   Esperamos que o atopades útil Un saúdo desde biblioteca  

III ENCONTRO DE COROS INFANTÍS

Imaxe
Cuña en radio Non deixades de consultar o Facebook do Conservatorio para estar ao tanto de todas as actividades organizadas. Un saúdo    

BENVIDOS ArtEduca

Imaxe
  Entrada ao Conservatorio feito polo ANPA   "Este venres 24 chegan ao Conservatorio de Ferrol 11 alumnos e 5 profesores da escola de música ArtEduca de Famalicao (Portugal ).  Durante o venres e o sábado, temos actividades compartidas, clases, concerto, visita á cidade de Ferrol... O venres é destacable o concerto ás 19:39h no auditorio do noso conservatorio onde actuará o ensemble de corda de alumnos de Portugal e no que participarán tamén alumnos do noso centro en varias pezas. Os alumnos son de corda e son alumnos de Grao Profesional. A entrada ao concerto é libre ata completar aforo. Interpretarán entre outras pezas de A. Corelli, Angel Villoldo, S. Joplin, D. Stone...".  

CONCURSO DE INTERPRETACIÓN DE B.S.

Imaxe

ACTIVIDADES da semana da Paz (30 xaneiro-3 febreiro)

Imaxe
A finais de xaneiro e primeiros de febrero, tiveron lugar as diferentes actividades organizadas con motivo do día da Paz que celébrase o 30 de xaneiro. Como sabedes, estas xornadas da Paz contaron coa colaboración da "Cociña Económica de Ferrol", e a tal motivo benéfico habilitouse no hall do conser contenedores para deixar alimentos. Grazas a todos os que participástedes dun ou outro xeito.   A continuación enlazamos con algunhas das actuacións que tiveron lugar o 3 de febrero no Auditorio de Ferrol. A Peque Banda: Canon Pomp and circumstances   O Peque Coro e a Peque Banda Pequeno Mundo

Suxestións

Imaxe
Fonte: google.es   Lembrade que podedes mandarnos suxestións ao correo electrónico da biblioteca (non esquecedes poner no asunto " SUXESTIÓNS ").     bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com

MATERIAIS DAS XORNADAS DE BE

Imaxe
Fonte: Bibliotecas escolares de Galiza  Os pasados 18 e 19 de novembro tieron lugar as VII Xornadas de Bibliotecas escolares de Galicia . Este ano as artes foron as protagonistas e houbo interesantes aportacións no campo da música. Desde a biblioteca enlazamos cos contidos subidos á rede por Bibliotecas Escolares.  Un saúdo   Materiais das Xornadas de Bibliotecas Escolares

TRIVIAL MUSICAL, 24 de marzo

Imaxe
 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro  venres 24 de marzo . Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.   A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro venres 17 de marzo (ata as 10:00 horas). PREGUNTA GRAO ELE

GUÍA DA JONDE 2015

Imaxe
Xa está disponible a Guía de planificación pedagógixa XIX do 2015 da Joven Orquesta Nacional de España ( R.C 104 )  Lembrade que os fondos de consulta non se emprestan pero podedes consultalos na biblioteca. Un saúdo

TALLER DE ELENA ROSSO: galería de imaxes

Imaxe
Fonte: Facebook do Conservatorio Xan Viaño    Os pasados 20, 21 e 22 de xaneiro tivo lugar o Taller Coral de Elena Rosso con gran participación. A continuación subimos algunhas fotos cortesía da Asociación Cultural e Recreativa "O Peque Coro".   Galería de imaxes :    De esquerda a dereita: Alexandra Pita (pianista acompañante), Catuxa Pita (directora de "O Peque Coro") e Elena Rosso, a profesora invitada.          

V CICLO DE CONFERENCIAS SOBRE TEMAS MUSICALES

Imaxe
   A Sociedad Filarmónica Ferrolana organiza o vindeiro xoves unha interesante conferencia. Para máis información: Sociedad Filarmónica Ferrolana

RECOMENDACIÓN DE FEBREIRO PARA MARZO: Pórtico do Paraíso

Imaxe
Fonte: Pórtico do Paraíso   Desde Ourense, "Pórtico do Paraíso", Festival Internacional de Música na súa décima edición. Se podedes, non volo perdades.   Para máis información aquí tedes o enlace á súa páxina web: Pórtico do Paraíso   Aquí podedes descargar o díptico deste ano:   Díptico 01  y  Díptico02

DOAZÓN LITERATURA INFANTIL

Imaxe
  Desde hoxe a materia de " literatura infantil " ten novas aventuras de Gerónimo Stilton grazas a unha doazón ( LI.I 69-73 ) Tes media hora entre linguaxe e instrumento? Queres relaxarte un pouco? Os libros de Stilton do colexio están emprestados? Pásate pola biblioteca ;)    Podes consultar a súa disponibilidade na OPAC

RECORDATORIO CONCERTO: Sociedad Filarmónica Ferrolana, 9 febreiro

Imaxe
Alumnos do centro van poder asistir a el grazas a Sociedad Filarmónica Ferrolana.  Febreiro                                                                                                         Data: xoves 9 de febreiro, ás 20.30 horas Sala: Auditorio de Ferrol Orquestra Sinfónica de Galicia     José Trigueros, director  Jesper Nielsen, tuba Leo Weiner (1885-1960): El príncipe Csongor y los duendes F . Mosquera (1957 - ): Concierto para tuba y orquesta H. Dutilleux (1916 - 2013): Sinfonía n.2 Le Double   Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

INCORPORACION DE ETIQUETAS DE CORES

Imaxe
Un fondo de linguaxe musical (verde)    Desde o pasado mes e xaneiro e equipo de biblioteca estamos a incorporar etiquetas de cores seguindo ca clasificación que xa estaba a funcionar para os fondos de nova adquisición e para as etiquetas que requiren renovación.  Polo momento nas materias de instrumento ( azul ), conxunto ( vermello ), teóricas ( amarelo ) e linguaxe musical ( verde ) pero en breve seguiremos co resto. É un elemento mais dentro do apartado de sinalización que estamos a intentar mellorar. Un saúdo desde biblioteca

REVISTA MELÓMANO Nº 227

Imaxe
  Xa está disponible en sala o número 227 da revista "Melómano" .