Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Conmemoracións

Día do Libro Infantil e Xuvenil: "Planta historias e o mundo florecerá"

Imaxe
  Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil (DILI, ou ICBD nas súas siglas inglesas) co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional desta efeméride e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe e o cartel dirixido a todos os nenos do mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías, etc. En 2026, o país elixido é Chipre, e o cartel está feito por dous creadores de libros infantís. O tema deste ano é “Planta historias e o mundo florecerá” (Plant stories and the world will bloom), un fermoso lema que recoñece o valor das historias, os libros e a lectura, así como o seu potencial para mellorar o mundo, á vez que salienta a nece...

II Día de Ibáñez

Imaxe
  Con motivo do II Día Ibáñez, Bruguera, selo de Penguin Random House Grupo Editorial que publica as súas obras desde hai máis de 60 anos, presentou este venres unha homenaxe que levará o universo creativo de Francisco Ibáñez a distintos puntos de Barcelona no ano en que o autor cumpriría 90 anos. A cidade acollerá un roteiro de dioramas inspirados nas súas viñetas máis icónicas, protagonizados por personaxes como Mortadelo e Filemón, Rompetechos ou O botóns Sacarino. Estas pezas instalaranse en diferentes espazos vinculados á lectura, os cómics e ao propio autor, e recrean escenas "cheas de detalles e humor" características do estilo de Ibáñez. A iniciativa busca reivindicar a vixencia de personaxes como Mortadelo e Filemón, 13, Rue do Percebe, O botóns Sacarino e Rompetechos, que seguen formando parte da memoria cultural colectiva. seguir lendo Se queredes saber máis de  Mortadelo e Filemón , visitade a web non oficial.

Día de Rosalía

Imaxe
Cada 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía.  Este curso, propoñemos facer este  "O Rosco de Rosalía" , un pasapalabra relacionado coa vida e obra da autora.  Animádevos !

Cúmprense 250 anos do nacemento de Jane Austen

Imaxe
  Cúmprense 250 anos do nacemento de Jane Austen Hoxe cúmprense 250 anos do nacemento de  Jane Austen , unha autora que escribiu sobre bailes, visitas e familias, pero que en realidade falou de liberdade, decisións, ironía e mulleres que se atreveron a pensar por si mesmas. 

1 de Decembro: Día Internacional do SIDA

Imaxe
O Día Mundial da Loita contra a SIDA converteuse nun dos días da saúde máis recoñecidos e supón unha oportunidade para lembrar aos que faleceron, crear conciencia e celebrar vitorias como o acceso a servizos de prevención e tratamentos antirretrovirais. A primeira vez que se celebro o Día Mundial da Loita contra a SIDA foi en 1988 e desde esa data, o virus matou a máis de 25 millóns de persoas en todo o mundo, o que supón unha das epidemias máis destrutivas da Historia. A conmemoración do Día Mundial da Sida de 2025 pon de relevo como os recortes no financiamento a nivel internacional están a poñer en risco os avances logrados na resposta ao VIH. A crise actual afecta especialmente os servizos de prevención e aos programas comunitarios que apoian ás poboacións máis marxinadas, mentres que o aumento de leis punitivas dificulta aínda máis o acceso á atención. Ante este panorama, requírese un enfoque transformador que permita superar as disrupcións e manter o rumbo cara á meta de poñer fi...

XX Xornadas Literarias adicadas a Alfonso Daniel R Castelao

Imaxe
  A figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será a protagonista da vixésima edición das Xornadas Literarias de Neda. O evento cultural, que se presentou na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus de Ferrol, ofrecerá entre o 24 e o 27 de abril unha visión ampla de quen para moitos é o intelectual galego máis destacado do século XX. Escritor, político, debuxante, investigador… Seguir lendo...

Ampliamos plazo para o I Concurso de Poesía organizado pola Biblioteca do CMUS Xan Viaño !!

Imaxe
Rapazada!!!  Deixamos unha semana máis de plazo para concursar, así que, tedes a semana que ven para depositar na caixa os vosas creacións.  Animádevos a participar !!!  

Día das Artes Galegas 2025

Imaxe
O próximo martes, día 1 de abril, celébrase o Dia das Artes Galegas 2025, dedicado este ano a Isaac Díaz Pardo. Premendo na imaxe podedes acceder a diferentes recursos para coñecer máis  do artista, creador e intelectual galego.  

Día da poesía

Imaxe
 

Hoxe celébrase o Día de Pi !!

Imaxe
 

Declaración Universal dos Dereitos Humáns

Imaxe
  Preme na imaxe para velos todos

DÍA 5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Imaxe
UNHA SOA TERRA! Hai miles de millóns de galaxias no universo. na nosa galaxia hai miles de millóns de planetas, pero só hai unha Terra. A Terra enfróntase a unha tripla emerxencia planetaria: o clima está quentando a un ritmo demasiado rápido para que as persoas e a natureza se adapten; a perda de hábitat e outras presións sobre a natureza levaron a que 1 millón de especies estean ameazadas de extinción; e a contaminación segue envelenando o noso aire, terra e auga. Saír deste atolladoiro implica transformar as nosas economías e sociedades para facelas máis inclusivas, máis xustas e máis respectuosas coa natureza. Debemos pasar de danar o planeta a curalo. A boa noticia é que as solucións e a tecnoloxía existen e son cada vez máis accesibles. O Día Mundial do Medio Ambiente 2024 céntrase na restauración das terras, deter a desertificación e reforzar a resiliencia á sequía baixo o lema “As nosas terras. O noso futuro. Somos a #XeraciónRestauración" Non podemos retroceder no tempo, ...

9 DE MAIO: DÍA DE EUROPA

Imaxe
 No Día de Europa, cada 9 de maio, celebramos a paz e a unidade en Europa. Esta data conmemora o aniversario da histórica "Declaración Schuman", na que expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política en Europa, que faría inconcibible a guerra entre as nacións europeas. A proposta de Schuman é vista como o inicio do que hoxe é a Unión Europea.

2 DE MAIO: DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Imaxe
O bullying ou o acoso escolar é a forma de comportarse ou dirixirse a outra persoa, xa sexa verbal ou físicamente, causando un dano temporal ou permanente á vítima. É un tipo de acoso repetitivo a unha ou varias persoas cara aos seus iguais, no que a persoa sofre ameazas, intimidacións, manipulacións e mesmo agresións físicas. Non mires cara outro lado, ACTÚA!

7 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Imaxe
 O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde, en recoñecemento á saúde como un dereito básico e universal, así como en promover o acceso a unha atención sanitaria de calidade en todas as rexións do mundo, especialmente na poboación con escasos recursos. 

2 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Imaxe
Ler é liberdade. Ler é respirar. Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a  habitar mundos que nunca vas querer deixar.   Ler permítelle ao teu espírito soñar.   Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.   A plenitude do teu universo só medra cando les.   As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa que logo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.   As historias son menciña. Curan. Reconfortan.   Inspiran. Ensinan.   Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso. RICHARD VAN CAMP, AUTOR TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO

15 DE MARZO: DÍA DOS DEREITOS DOS CONSUMIDORES

Imaxe
O Día Mundial dos Dereitos do Consumidor é unha data importante que serve para lembrar que a defensa da saúde, a seguridade e os intereses económicos dos consumidores, así como o coñecemento dos dereitos que os protexen, é tarefa de todas as institucións e organismos públicos.

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Imaxe
O día da Muller, celébrase cada 8 de marzo para lembrar a loita que as mulleres deben levar a cabo día tras día para adquirir os mesmos dereitos que os homes no mercado laboral e na vida en si mesma. "Na maior parte da historia, "Anónimo" era unha muller. É obvio que os valores das mulleres defiren con frecuencia dos valores creados polo outro sexo, nembargantes son os valores masculinos os que predomina n." Virginia Woolf 1882-1941  

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

Imaxe
No Día da Paz, as escolas comprométense como defensores da paz e do entendemento entre persoas de diferentes procedencias e formas de pensar. Hoxe cúmprese o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), un líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas. Unha educación inspirada nunha cultura da non violencia e da paz permite que o noso alumnado adquira coñecementos, actitudes e habilidades que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns mundiais críticos e comprometidos cos seus dereitos e cos dos demais.

10 DE DECEMBRO: DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS

Imaxe
 "En definitiva, onde comezan os dereitos humanos universais? En lugares pequenos, preto da casa; en lugares tan próximos e tan pequenos que non aparecen en ningún mapa. […] Se eses dereitos non significan nada nestes lugares, non significan nada noutro lugar. Sen unha acción cidadá coordinada para defendelos na nosa contorna, a nosa vontade de progresar no resto do mundo será en balde."                                                                                    Eleanor Roosevel                                                       ...