Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Eclipses

Dúas eclipses de Sol e Lúa en marzo: así poderás observalas dende Galicia

Imaxe
O día 29 comenzará un período astronómico único en España con destacados eventos que serán visibles no país durante os próximos anos Galicia poderá desfrutar de dúas eclipses durante este mes de marzo . Unha total de Lúa e outra parcial de Sol. Será o comezo dun  período astronómico único  que terá lugar en España durante os tres seguintes anos nos se que poderá observar unha eclipse solar total ou anular en 2026, 2027 e 2028. Esta mesma semana terá lugar a coñecida como  “Lúa de sangue” , onde o satélite non estará completamente escuro, senón que acadará un ton vermello. Este mesmo  venres 14 de marzo terá lugar a eclipse total de Lúa . Este  fenómeno astronómico será visible en Galicia , segundo indican dende o Observatorio Astronómico Nacional (OAN), e semella que, a día de hoxe,  a situación dos ceos galegos permitirán a súa observación . Segundo as predicións de Meteogalicia, haberá un 10% de nubes durante a noite desa xornada, polo que sería posible p...