A biblioteca do CMUS “Xan Viaño”, José Fontenla Leal, convoca un concurso de CARTEIS BASES: 1. Participantes : alumnado do CMUS “Xan Viaño” de Ferrol. Cada alumno/a poderá participar unha vez. 2. Tema do cartel : “A igualdade na música ”. O cartel debe transmitir o concepto de igualdade no mundo da música en xeral ou no conservatorio en particular. Poderase empregar calquera técnica sempre que a obra non exceda dun DIN-A3 que poda ser doblado. 3. Prazo: as propostas poden ser entregadas desde o día 5 de febreiro ás 16:00 ata o día 5 de marzo ás 21:00. 4. Entrega : as propostas deben ser introducidas nunha urna que se disporá a tal efecto na biblioteca dentro dun sobre cerrado tamaño DIN A-4 e firmado con pseudónimo. Dentro do sobre incluirase a seguinte información baixo plica: - o nome completo do/a autor/a - o título da obra - instrumento, curso e grao que cursa no conservatorio. 5.