Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2012

HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

Imaxe
Hola tod@s! Dende o equipo de Normalización e Dinamización Lingüistica e da Biblioteca José Fontenla Leal, queremos facer partícipes a todos do homenaxe que se fixo na Biblioteca do noso Centro o día 12/12/12 as 12:00 h . en consonancia cunha iniciativa que se formulou e se fixo eco nas Bibliotecas que están adscritas no PLAMBE. No noso Centro e de xeito moi humilde quixemos ser partícipes lendo un par de poemas de Celso Emilio Ferreiro; ahí tedes as fotos do día en cuestión. Gracias a todos os profes que colaboraron e fixeron un oco dentro dese día, xa que estabamos de Avaliación, sobre todo a Iria Rico, Responsable do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüistica, e a Quique, Responsable da Biblioteca, como se pode apreciar nas seguintes fotos. GRACIAS (Perdoade o error informático por causa allea a nós)

DESEÑO DA MASCOTA DA BIBLIOTECA E DO CENTRO: BUSCANDO A XANVI

Imaxe
Hola a tod@s: Dende o Departamento de Convivencia e da Biblioteca queremos promover unha actividade a toda a comunidade educativa do noso Centro; dita actividade consiste na elaboración dunha mascota que represente ao Conservatorio e a Biblioteca. A continuación deixovos as bases para que lle botedes un vistazo. CONCURSO DESEÑO DE MASCOTA CMUS XAN VIAÑO DE FERROL BUSCANDO A XANVI Buscamos a Xanvi, a mascota que nos represente e acompañe na vida e actos do conservatorio. A Xanvi gústalle a música (canta e toca calquera instrumento), as artes, a lectura, Galiza e a súa cultura. Xanvi é simpático e moi bo amigo, ecoloxista e pacífico, e defende valores de liberdade, solidaridade e igualdade. BASES ·          Calquera persoa ou grupo pode participar (pais, nais, alumn@s, profes, amig@s, familia…), cantos máis mellor! ·          A mascota creada debe ser orixinal. ·          Poderanse presentar o número de propostas que se desexe por persoa ou grupo. ·      

Actuación do pequecoro no Jofre.

Hola a tod@s : O próximo Luns 17 de Decembro as 17:30 actuará o Pequecoro no teatro Jofre de Ferrol. O exito está asegurado!!!! Non o podedes perder. Moitas Gracias.

TALLER DE HIP-HOP

Hola a tod@s: O vindeiro día 18 de Decembro vaise celebrar na Biblioteca do noso Centro un Taller de Hip-Hop a cargo de García MC de 18:00 a 20:00. Tod@s @s que estén interesados, poden matrícularse de xeito gratuíto no centro. A continuación, deixamosvos o curriculum do interprete-docente: GARCÍA MC (Musico de Rap e Activista) Comeza rapeando en galego letras propias, con 13 anos, directamente influenciado por unha das bandas fundacionais do Rap en galego: 5 Talegos. Ao pouco, aínda na adolescencia, pasa a formar parte do proxecto musical rapeiro Ghamberros, editando un traballo discográfico en 2004 ao remate desta aventura. Existía xa pois dende o 2003 o Colectivo HipHopDios Ke Te Crew formación da cal pasa a formar parte co proxecto Ghamberros así como boa parte de 5 Talegos, sumándose nos seus espectáculos tódalas vertentes da Cultura HipHop: Breakdance, Graffiti, Dj´ing, Beat Box... Con DKTC editáronse ata o momento tres traballos discográficos: Xénese 2006, Adiant
Imaxe
Na presente edición do Certamen Internacional Intercentros, temos que felicitar, de novo, ás nosas representantes!!! Lembrades que Tania Villasuso foi a gañadora o pasado ano? Pois este ano,  fantásticas as nosas nenas de novo. ;-)) Carolina Herrera, Iria Folgado e Marta Sánchez eran as nosas representantes na final autonómica. As tres fixeron un gran papel, e Iria e Marta resultaron 1ª e 2ª na eliminatoria de Galicia!!!! Así, Iria desprazouse a Madrid a mostrar o seu talento na final nacional, como fixera Tania o pasado curso. Tocou en quinto lugar, de 16 finalistas de tódalas comunidades autonómicas. Interpretou completo o cuarteto de Mozart, versión oboe e piano, acompañada por Graham Jackson. Coma sempre, tocou fantásticamente, con moito talento e un pulso e agóxica dignos de profesional. A súa coidada afinación e unha posta en escena correcta, valéronlle a SEGUNDA PRAZA na xeral, e un PREMIO Á MELLOR INSTRUMENTISTA DE VENTO MADEIRA.

RECOMENDACIÓN DE DECEMBRO - "La digitación pianística"

Imaxe
Hola a tod@s: Este mes faremos referencia a unha nova adquisición da nosa Biblioteca que seguro interesa a muitos dos nos@s alumn@s que estudian Piano; referímonos ao libro do ilustre pianista Albert Nieto "La digitación pianística".   ¿Pode haber un intérprete que non sentira o efecto beneficiososo dunha boa dixitación? Coidamos que non. Á que vai ao dedo e a obra, á que se adecúa ao corpo e o instrumento ca música... Ata non dar con ela, un sufre. Todo permanece desligado: corpo, instrumento e música porque o corpo está tenso, o piano non canta e a obra cala. Ao atopar unha dixitación xusta, establecese a unión e a obra está en marcha. Este libro podenos axudar a atopar respostas inspiradoras. Albert Nieto trata de amosarnos aquelas dixitacións que den no clavo. Esperamos que vos guste e axude.

Recital de clarinete e piano

Imaxe
A alumna do noso conservatorio Tania Villasuso, gañadora o curso pasado do primeiro premio no concurso Intercentros a nivel nacional, ofrecerá un recital de clarinete e piano xunto co pianista Ricardo Blanco. O concerto terá lugar o mércores 21 de novembro ás 19:30 horas, no auditorio do conservatorio. ¡Non volo podedes perder!

RECOMENDACIÓN DE NOVEMBRO - "Los intrumentos del Pórtico de la Gloria"

Imaxe
Hola a tod@s: Sentimos non haber podido estar con vos durante o verán, nin neste inicio de curso pero podédevos imaxinar a cantidade de cousas que había que facer e non deu moito tempo para continuar dita sección que xa reclamaba algún de vos. PERDÓN. O libro que recomendamos este mes está dentro da Sección de Manuscritos, o cal implica que aqueles que estén interesados en consultar o libro, debedes falar con Quique, dado o valor da devandita publicación: “Los instrumentos del Pórtico de la Gloria: su reconstrucción y la música de su tiempo” José López-Calo – Coord. O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela constitúe a culminación da arte románica dos pórticos das igrexas. No espazo de pouco mási de 50 anos, construíronse, ao longo do Camiño de Santiago, en Francia e en España, os maravillosos pórticos ca representación dos 24 anciáns apocalípticos cos seus instrumentos de corda. Pero en ningún dos pórticos acadan estas representacións, a increíble perfecc

TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO DÍA 15 DE NOVEMBRO DE 2012

Imaxe
Hola a tod@s! TRIVIAL MUSICAL Seguemos co noso Trivial; en estreita colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), a Biblioteca do Conservatorio e a  Sociedade Filarmónica Ferrolana,  se ofertarán dez entradas para asistir a aqueles concertos da antedita Sociedade e teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes neste blog. Tendo en conta que hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte:  bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos para entregarvos a devandita entrada, no caso de que acertedes a correspondente pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos)

Concerto de Nenos

O luns 29 de outubro, contaremos coa visita dos violinistas Carlota Anguera e Tomás Ionescu que ofrecerán un concerto no auditorio do conservatorio ás 17 horas, acompañados pola pianista Ayaco Zemba.

TRIVIAL BIBLIO-MUSICAL - Entradas para o Concerto da Sociedade Filarmónica

Imaxe
Hola a tod@s!   Este ano temos novidades: en estreita colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), a Biblioteca do Conservatorio e a  Sociedade Filarmónica Ferrolana,  se ofertarán dez entradas para asistir a aqueles concertos da antedita Sociedade e teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes neste blog. Tendo en conta que hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte:  bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñeremosnos en contacto con vos para entregarvos a devandita entrada. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos). O vindeiro concerto da Sociedade Filarmónica é o vinde

Concerto do coro Concerto Tempo

O xoves día 11 de outubro ás 20:15h o coro ferrolá Concerto Tempo ofrecerá un concerto no auditorio José Arriola do conservatorio. Estades todos convidados a vir!!

Artigo sobre Xan Viaño

Hola a tod@s: Coma primeira publicación do noso blog neste novo curso, publicamos un artigo publicado na revista do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Poderedes comprobar que hai referencias a imaxes que non reproducimos neste artigo por motivos informáticos e que vos invitamos a consultar se queredes na propia revista. Si quixerades ter unha copia da mesma, poñédevos en contacto Quique (responsable da Biblitoteca) e vos darei unha copia moi gustasemente. Espero que vos guste. (...) Nubens: La obra póstuma ¿inacabada? de Xan Viaño Javier Jurado Xan Viaño fue un compositor autodidacta dotado de una gran creatividad. Su catálogo, aunque escaso, abarca una amplia variedad de géneros y estilos. Su obra póstuma, Nubens, para orquesta de cuerdas, ha sido injustamente considerada como inacabada, dando lugar a que sólo se interpretase el primer movimiento, titulado Nubens blancas. Este artículo presenta una breve semblanza biográfica del compositor ferrolano para a conti