Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta O rincón

O RINCÓN DO COMPOSITOR: VIVALDI

Imaxe
   O rincón de Antonio Vivaldi (1678-1741)   Parece que Vivaldi trouxo hoxe a primavera a Ferrol...   Vivaldi (retratado na mesa por François Morellon de La Cave -1723-) ven acompañado da súa obra quizás máis emblemática: as súas "catro estacións"; cada un dos instrumentos da mesa representa unha estación: a trompeta, o fagot, o violín e a viola ¿poderías identificalos? As columnas da Paz enmarcan o rincón e á dereita, no atril poderemos ler a súa biografía ( Gran Selección Deutsche Grammophon ).   Detalle do rincón: as bolboretas disecadas foron decidas polo alumno Pablo Lourido Iglesias Os instrumentos foron decidos amablemente por Sebas  (profesor de trompeta),  Patricia (a profesora de fagot),  Iria (unha das nosas profesoras de violín) e a alumna Laura Gómez Martínez (a viola). E non esquecemos a colaboración de Juan e máis Emma, da floraría  "La tienda de Emma" , que desde o pr...

O RINCÓN DO COMPOSITOR: PAGANINI

Imaxe
O rincón do compositor: Niccolo Paganini Estes días Mendelssohn cedeu o seu lugar a Niccolo Paganini (1782-1840), violinista, violista, guitarrista e compositor italiano que moitos coñecen polo seu virtuosismo. Á esquerda da mesa, ao carón da máscara poderemos ler unha biografía do músico e unhas liñas sobre a lenda que naceu con él. "Acuarela sobre cartón reciclado e máscara veneciana en acero ao carbón- latón-cobre. Obras de NITO HORUS" Máscaras e un "violín diabólico" Á dereita, colgados sobre un telón temos dúas máscaras de entroido italianas e un violín decido amablemente pola nosa compañeira Iria Rico . O "Carnaval de Venecia"  E relacionado coas datas nas que estamos, temos dúas follas que nos contan sobre o "Carnaval de Venecia". A música que ás veces soará:  "Concerto para violín e orquestra nº 1 en Re M Op. 6" e "24 Caprichos para violín solo Op. 1" na interpretación da Orquestra Sinfónica de ...

O RINCÓN DO COMPOSITOR: MENDELSSOHN

Imaxe
O rincón do compositor está enmarcado nas columnas do Día da Paz  Esta quincena o noso inquedo ANPA dedica o rincón do compositor a Felix Mendelssohn (1809-1847). Nel atopamos os retratos del e da súa irmá Fanny Mendelssohn (1807-1847) xunto coas súas biografías. Interesante a figura de Fanny e os convencionalismos sociais e económicos da época que lle tocou vivir.  Compositor, pianista e director de orquestra Está recollida a súa biografía xunto cun listado das súas obras. No rincón se dedican unhas liñas para unha das obras máis soadas de Felix Mendelssohn: a coñecida como"marcha nupcial". Ademáis é unha das obras que podedes escoitar no rincón.   Esperamos que vos guste. Un saúdo

O RINCÓN DO COMPOSITOR: TCHAIKOVSKY

Imaxe
Como xa sabedes Tchaikovsky é o autor que nos ocupa estes días e a él está dedicado o rincón do ANPA: "O rincón do compositor": Piotr Ilich Tchaikovshy (1840-1893)  Nesta ocasión atoparedes moitas fotografías e documentos relacionados ca vida e época na que viveu este autor ruso: fotos e retratos, correspondencia do autor, deseños dalgúns dos decorados dos seus ballets, facsímiles de partituras...   Á esquerda do rincón, rodeada de libros de literatos rusos (Chejov, Babel, Tolstoi, Gógol...) está a biografía do autor.   Nadezhda von Meck, patrocinadora e amiga do compositor Fotografía do Museo Tchaikovshy, en Klin (Rusia) Na dereita da mesa tedes una pequena pantalla onde podedes ver e escoitar o ballet "O lago dos cisnes" na dirección de Nuréyev e a súa sinopse dos seus catro actos. Ballet "O lago dos cisnes" ¡Esperamos que vos guste!

O RINCÓN DO COMPOSITOR: L. VAN BEETHOVEN

Imaxe
 O primeiro "Rincón do compositor" do 2015 está dedicado a Ludwing van Beethoven.  Ludwing van Beethoven (1770-1827)   Xunto cun retrato de Beethoven temos á esquerda a súa biografía cunha pequena descripción dos tres periodos compositivos nos que habitualmente divídese a súa obra; o seu lado o catálogo da mesma. Tamén temos un metrónomo : a súa dereita podemos ler a súa orixe e evolución e a relación que ten Beethoven co metrónomo Mälzel.   A música que as veces soará no rincón do compositor será a Sinfonía nº 5 en Do m Op. 67 ou a Sinfonía nº 6 en Fa M, chamada tamén " Pastoral " Op. 68 na interpretación da Orquestra Filharmónica de Berlín baixo a batuta de Herbert von Karajam.     A casa de Beethoven, en Bonn, hoxe museo.   Se tedes a sorte de viaxar a Bonn, podedes visitar a casa de Beethoven ( Beethoven-Haus, Bonn ). A casa onde...

O RINCÓN DO COMPOSITOR: W. A. MOZART

Imaxe
   Como xa seguramente adiviñaríades esta quincena "O rincón do compositor" estará dedicado a W. A. Mozart. Retrato de W.A.Mozart   Mozart tamén é coñecido na historia por ser o primeiro músico en abandonar a situación de servidumbre como mestre de capilla e concertos da corte arzobispal en Salzburgo -definitivamente en 1781-  e intentar sobrevivir polos seus medios como compositor independiente. Como todos sabedes fracasou mais foi un exemplo seguido por outros músicos.  Nel rincón atoparedes xunto cun retrato de Mozart neno ó piano un repaso pola obra e curta vida deste xenio da música.    "Foi un neno prodixio" ¡Esperamos que vos guste!

O RINCÓN DO COMPOSITOR: MARIN MARAIS

Imaxe
  Rincón do compositor: Marin Marais   Nesta primeira quincena de Decembro "O rincón do compositor" estará dedicado a Marin Marais, un dos grandes do barroco francés. Nel rincón atoparedes -ademáis do instrumento cedido amablemente para a ocasión pola alumna do centro Laura Gómez Martínez-, uns apuntes sobre a historia e a evolución da actual viola, información sobre o compositor (a súa vida e obra co algunha anécdota) e o emprego da súa música no cine.   Marais é especialmente coñecido polo seu traballo ca viola dá gamba     A continuación compartimos un video para que escoitedes a sonoridade da viola da gamba: a obra é " Les Voix Humaines" de Marin Marais con Petr Wagner á viola dá gamba. ¡Esperamos que vos guste!              

O RINCÓN DO COMPOSITOR: DÍA DA MÚSICA

Imaxe
  Dende o 18 ata o 30 de Novembro o "rincón do compositor" estará dedicado a Sta. Cecilia, patrona dos músicos, pois como sabedes a súa festividade celébrase o 22 deste mes.    Nesta ocasión atoparedes unha homenaxe ó Día da Música a través da orquestra cunha referencia á súa historia e a figura do director.    Teatro Xan Viaño MMXIV    Nel teatro pódense ver grabacións feitas no Auditorio do Conservatorio e que tedes recollidas na "cartelera":  Cartelera    ¡Esperamos que vos guste!

O RINCÓN DO COMPOSITOR: VERDI

Imaxe
 Neste mes de Novembro, o ANPA inaugurou "O rincón do Compositor", un espazo no vestíbulo do Conservatorio que ó longo do curso estará dedicado a diferentes autores e que renovarase os días 1 e 15 de cada mes. Nesta ocasión o elixido foi Verdi. Adxuntamos algunhas das fotos que o ANPA cedeunos amablemente:   Aproveitamos tamén para subir algunhas fotos das últimas actividades feitas polo ANPA:   El ANPA somos tod@s  Un mar de papiroflexia   Samaín no Conservatorio