Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Autores galegos

Manuel Rivas, premio dos Clubs de Lectura 2026

Imaxe
  O escritor  Manuel Rivas  foi recoñecido co Premio dos Clubes de Lectura 2026, por ser o autor máis lido polos clubes de lectura do ámbito educativo. S alientou "a importancia da boca da literatura, pois esta non fala para un discurso nin para un axioma, senón para ver o que non está ben visto, para achegarse á zona secreta do ser humano que fala da dúbida, da complexidade, do matiz".

Diego Giráldez gaña o Premio de Novela Eduardo Blanco Amor

Imaxe
  O escritor porriñés Diego Giráldez vén de gañar nestes días o XLIII Premio de Novela Eduardo Blanco Amor pola súa novela  As obras póstumas , da que o xurado destacou o seu "estilo directo, rico e cargado de simbolismo", así como a creación dunha "atmosfera estremecedora sobre o tempo e a memoria que amosa a cruda realidade da enfermidade psiquiátrica no pasado sen caer en estereotipos".  Trátase dun galardón organizado pola Fundación Eduardo Blanco Amor e a Deputación de Ourense. Con el, Giráldez consolídase como un dos autores máis destacados da narrativa galega contemporánea.