Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Literatura galega

Marilar Aleixandre, primeira doutora honoris causa da Universidade de Almería

Imaxe
  A Universidad de Almería (UAL) investiu a Marilar Aleixandre doutora honoris nunha cerimonia na que a académica defendeu o pensamento crítico como "ferramenta poderosa" para enfrontar os desafíos da desinformación e combater o negacionismo. A catedrática ad honorem da Universidade de Santiago de Compostela é a primeira muller que pasa a formar parte do claustro de honra da UAL, e tamén a primeira investigadora do campo da educación e da didáctica que acada este recoñecemento na mesma institución. Continuar lendo  aquí .

Bicentenario do nacemento de Avelina Valladares

Imaxe
  T al día coma hoxe de hai 200 anos, nacía na Estrada Avelina Valladares, pioneira da literatura galega. Foi unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión na prensa e unha precursora no emprego da lingua galega nalgúns dos seus poemas. A pesar de ter unha profunda formación relixiosa, Avelina rompeu coas normas sociais da súa época, rexeitando unha e outra vez os pretendentes que viñan "salvala" da súa soltería. A emigración, Galicia, a orfandade, a fe e a súa propia familia foron temas recorrentes nas súas composicións. Ademais dos seus textos, a autora deixou constancia do seu talento en composicións musicais e en debuxos.

Antía Yáñez gaña o premio Raíña Lupa

Imaxe
Antía Yáñez vén de gañar o premio Raíña Lupa de literatura infantil 2025, convocado pola Deputación da Coruña, pola súa obra   Bragakadabra . O xurado destacou por unanimidade o humor, a imaxinación, a fantasía e a tenrura da obra, así como a reflexión que propón o libro sobre a capacidade de superación persoal e o empoderamento nun relato pensando para lectores novos pero de alcance universal. Anímate a ler algunha das  obras  desta autora. 

Novidades na biblioteca. Literatura infantil BATA. Fácil lectura con pictogramas

Imaxe
  🎉🥳👏Presentamos con moita ilusión os primeiros libros de lectural fácil con pictogramas da editorial Kalandraka. Texto de BATA . E vos preguntaredes, ¿qué é BATA?  Pois isto é o que nos conta a editorial Kalandraka: " Mellorar a calidade de vida das persoas con trastorno do espectro autista e das súas familias é o obxectivo de BATA, asociación de membros de Plena Inclusión que - en base ao compromiso ético - contribúe con apoio e oportunidades para que cada persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, e a súa familia, poidan desenvolver o seu proxecto de vida e promover a súa integración como cidadán con todos os dereitos nunha sociedade xusta e solidaria" Deixamos aquí esta ligazón  por se vos interesa investigar e coñecer esta iniciativa. 🕮👪Tedes os libros neste estante da imaxe para poder levalo para a casa e desfrutar en familia dun bo anaquiño de lectura.

Diego Giráldez gaña o Premio de Novela Eduardo Blanco Amor

Imaxe
  O escritor porriñés Diego Giráldez vén de gañar nestes días o XLIII Premio de Novela Eduardo Blanco Amor pola súa novela  As obras póstumas , da que o xurado destacou o seu "estilo directo, rico e cargado de simbolismo", así como a creación dunha "atmosfera estremecedora sobre o tempo e a memoria que amosa a cruda realidade da enfermidade psiquiátrica no pasado sen caer en estereotipos".  Trátase dun galardón organizado pola Fundación Eduardo Blanco Amor e a Deputación de Ourense. Con el, Giráldez consolídase como un dos autores máis destacados da narrativa galega contemporánea.