Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta EDLG

Imaxes das postais do "II Concurso de Postal de Nadal Musical" curso 2025/26

Imaxe
Aquí tedes as imaxes das fermosas postais que se presentaron este ano ao concurso.  Moitas grazas a todos e a todas por participar e, dende o Equipo de Biblioteca e o EDLG do Xan Viaño, queremos desexarvos un bo nadal. Descansade moito e collede forzas para o ano que ven.  Moitas apertas quentiñas.  Coidádevos ben e nunca xamais esquezades sorir e xogar......  e tamén tocar !! O Equipo de Biblioteca e o EDLG. CMUS Xan Viaño de Ferrol

Premiados no II Concurso de Postal de Nadal Musical

Imaxe
Boa tarde a todos e todas. Comprácenos anunciar os e as gañadoras desta nova edición do II Concurso de Postal de Nadal Musical. Antes de nada, dar as grazas pola tan boa acollida e tan numerosa participación este curso.  Por iso este ano, e saltándonos as bases publicadas un pouco presionados polo trasno Brétemo, este ano concederemos un 1º premio e catro 2ºs premios. Estaba moi reñida a cousa e a calidade das postais este ano foi moi boa, por iso fixemos unha excepción.  Todos e todas as participantes terán o seu diploma de agradecemento xunto con un pequeno agasallo. Os gañadores, levarán un vale cunha dotación económica, para canxear por material musical, cunha caducidade dun ano. Vémonos na biblioteca o día 18 de decembro ás 17:00 h. para a entrega de premios, vales e agasallos.  Grazas e parabéns a todos e todas por participar !! O Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega.

Cambios de última hora na entrega de premios do " I Concurso Postal Musical de Nadal "

Imaxe
  Queremos informar de que, debido a un imprevisto, non podemos facer a entrega dos premios como se tiña previsto. Pedimos desculpas polas molestias e polo cambio de última hora.  De todos xeitos, o alumnado participante e tamén os premiados, poden recoller o seu agasallo e o seu diploma en conserxería , polo que tamén agradecemos aos conserxes o favor que nos fan.  Dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca , queremos desexar a todo o alumnado e ás súas familias, que pasedes unhas boas festas e que o aninovo 2025 sexa bo e cargadiño de moi bos libros e música. Apertas e vémonos o ano que ven !

As músicas interrompidas : Balboa, Macías, Viaño

Imaxe
  As músicas interrompidas O vindeiro martes 26 de novembro ás 19:30 h, terá lugar no auditorio do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol, a presentación do libro 'As músicas interrompidas. Balboa, Macías, Viaño", escrito por María del Carmen Lorenzo Vizcaíno, Lucinio Medel Iglesias e Javier Ares Espiño. Na presentacion descubriremos a vida e obra dos compositores galegos Manuel Balboa, Enrique Macías e Xan Viaño, que viron truncadas as súas carreiras musicais pola súa temperá morte. Ademais teremos a oportunidade de escoitar a súa música nas mans de Javier Ares ao piano. Entrada libre ata completar aforo.

Súmate ao reto do Equipo de Dinamización de Lingua Galega do Xan Viaño !!!

Imaxe
"Serei eterna se me levas nos beizos" Súmate ao noso reto e fala galego!  Un pequeno paso para unha persoa, un gran salto para a nosa lingua. Na semana do 18 ao 25 de novembro, reto pola nosa lingua no Xan Viaño! Preme na imaxe para máis información:    Instagram do EDLG

EXPOSICIÓN CONCURSO "RICARDO PORTELA"

Durante estes días, na biblioteca estarán expostos os traballos feitos polos concursantes para que poidades disfrutar deles.  Grazas ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega e ao Departamento de Música Tradicional por estas iniciativas.  Enlace ao blog:  https://xanvianolinguagalega.blogspot.com/