Guía "De inclusión": libros e materiais para persoas con diversidade funcional
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), sección da OEPLI (Organización Española del Libro Infantil) e representación do ámbito lingüístico galego no IBBY, publicou, co patrocinio da Xunta de Galicia, a Guía De inclusión na que recolle toda clase de materiais que facilitan a lectura a todo tipo de persoas con algún xénero de diversidade funcional. A inclusión é un dereito que atinxe a toda a sociedade polo que buscar a integración de toda a cidadanía na cultura propia é absolutamente imprescindible para falar de democracia e igualdade de oportunidades nas que se teñe en conta a situación de cada unha das persoas que forman parte do entramado social. Trátase duns materiais imprescindibles para todas as persoas mediadoras do libro e a rapazada, que convén ter en conta nas bibliotecas escolares e públicas, nos centros de ensino e no ámbito da educación social. A guía está organizada de forma que lle dea servizo a unha biblioteca inclusiva con toda clase de recur...