Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta mulleres curso 2024/2025

Voluntariado na Biblioteca do Xan Viaño

Imaxe
  Noa Nistal Liñares, pianista. Julia López García, saxofonista. Presentámosvos as nosas voluntarias deste ano na biblioteca do Conservatorio, que están a participar no Programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Chámanse Noa que se etá a formar como pianista e Julia que se estrea este ano co saxo. Levan tres semanas co equipo de biblioteca a aprender o que facemos nela. De momento xa coñecen como ordenamos e etiquetamos os fondos -xa sexan libros, partituras ou outro tipo de soportes- e tamén están a colaborar na actualización das etiquetas das partituras instrumentais e na dinamización das actividades que facemos na biblioteca. Moitas grazas a estas voluntarias que queren axudar a aprender o que se cociña na biblioteca do Xan Viaño !! E se alguén quere participar como voluntario o próximo curso, estade atentos ao blog .... Grazas Noa e Julia !! O Equipo de Biblioteca

Cristina Blanco, Verónica Bolón e Beatriz Pelaz, Premios Nacionais de Investigación

Imaxe
  O galardón máis importante de España no ámbito da investigación premia ás científicas da UDC, CITIC e CiQUS Cristina Blanco, Verónica Bolón e Beatriz Pelaz A ministra de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU),  Diana Morant , anunciou hoxe ás persoas galardoadas cos  Premios Nacionais de Investigación  2024, que contan con  20 modalidades dotadas con 30.000  euros cada unha e son “o  recoñecemento máis importante  de España  no ámbito da investigación  científica”. Morant destacou o talento dos premiadas e premiados e subliñou que esta é a  edición con maior número de mulleres premiadas , “xa que nos anos anteriores presentáronse menos candidaturas de investigadoras”. De feito,  neste 2024 tres investigadoras galegas  ou que traballan nas distintas institucións científicas de Galicia  recibiron o galardón  pola calidade do seu traballo: trátase das investigadoras  Cristina Blanco , da Universidade de ...

Premio Planeta 2024 para outra muller: Paloma Sánchez-Garnica

Imaxe
  Paloma Sánchez- Garnica A madrileña  Paloma Sánchez-Garnica  é a gañadora do Premio Planeta 2024 pola súa novela  Victoria.  A escritora xa fora finalista no ano 2021 coa obra  Últimos días en Berlín . Nas súas palabras,  Victoria  "non é unha novela de periodistas, pero si amosa a importancia do periodismo nun dos dereitos fundamentais dunha sociedade civilizada: o dereito a información veraz e contrastada".

Celebremos hoxe o Día das Escritoras !

Imaxe
  No Día das Escritoras, reivindicamos o labor e o legado literario de todas aquelas mulleres que tantas veces foron relegadas a un segundo plano e silenciadas ao longo da historia. Esta conmemoración celébrase sempre o luns máis próximo ao 15 de outubro , aniversario do falecemento de Teresa de Jesús (1515-1582).  Este ano leva por lema  A periferia da periferia: mulleres que miraron ao mundo rural . Rosalía de Castro y Pardo Bazán, entre las homenajeadas en el Día de las Escritoras. A novena edición desta xornada organizada pola Biblioteca Nacional de España ten como  leitmotiv « La periferia de la periferia, mujeres que miraron al mundo rural » Cada ano, no luns máis próximo ao 15 de outubro, aniversario do falecemento de Teresa de Jesús, a Biblioteca Nacional de España celebra o « Día de las Escritoras ». Neste 2024 chégase á novena edición, na que o leitmotiv da xornada é « La periferia de la periferia, mujeres que miraron al mundo rural » e entre os ...