Celebremos hoxe o Día das Escritoras !

 

No Día das Escritoras, reivindicamos o labor e o legado literario de todas aquelas mulleres que tantas veces foron relegadas a un segundo plano e silenciadas ao longo da historia. Esta conmemoración celébrase sempre o luns máis próximo ao 15 de outubro, aniversario do falecemento de Teresa de Jesús (1515-1582).

 Este ano leva por lema A periferia da periferia: mulleres que miraron ao mundo rural.

Rosalía de Castro y Pardo Bazán, entre las homenajeadas en el Día de las Escritoras.

A novena edición desta xornada organizada pola Biblioteca Nacional de España ten como  leitmotiv «La periferia de la periferia, mujeres que miraron al mundo rural»

Cada ano, no luns máis próximo ao 15 de outubro, aniversario do falecemento de Teresa de Jesús, a Biblioteca Nacional de España celebra o «Día de las Escritoras». Neste 2024 chégase á novena edición, na que o leitmotiv da xornada é «La periferia de la periferia, mujeres que miraron al mundo rural» e entre os nomes homenaxeados están os de galegas como Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán.

Co obxectivo de visibilizar a obra literaria das mulleres e reivindicar o seu legado, o acto central consiste na lectura continuada dunha vintena de textos de escritoras sobre a temática elixida, seleccionados pola comisaria, neste caso Ana Iris Simón. A tamén xornalista é autora de Feria, un libro que se desenvolve na Mancha dos anos 90. Sobre a importancia deste día, a comisaria destacou a «necesidad de conocer y reconocer a las que en su momento tuvieron que batirse no solo con el papel en blanco sino con su tiempo para poder escribir, para poder publicar, para tener un hueco allá donde ni se las esperaba ni se las quería».

Entre as escritoras seleccionadas para esta edición están Concha Espina, Santa Teresa, Dolores Medio, Mariluz Escribano, Margarita Nelken, Gabriela Mistral, Ernestina de Champourcín, María de la O Lejárraga ou Caterina Albert, ademais das galegas Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.

Antes da lectura, presentarase a Editatona polo «Día de las Escritoras», en colaboración con Wikimedia España.

O acto, no que participará a ministra de Igualdade, Ana Redondo, celebrarase na Biblioteca Nacional de España a partir das 18:30 horas deste luns e poderá seguirse tamén a través de Youtube.

Nesta presentación podedes ver a cantidade de mulleres escritoras que tiveron que empregar un pseudónimo:

https://view.genially.com/616be97bd642f90ddf2b6883/interactive-content-mujeres-escritoras-y-su-pseudonimo

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

Concurso microrrelatos Samaín 2024