Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 2024

Cantareira, dina, fala, meu… Estas son as seis candidatas a Palabra do Ano 2024

Imaxe
  A Real Aca demia Galega abre a fase de votación popular para elixir o vocablo que sucederá a cibercarracho, comadre e tanxugueiras Termos finalistas para Palabra do Ano 2024. Foto: RAG Aparvar(se), cantareira, dina, emerxencia climática, fala e meu son as  finalistas para Palabra do Ano 2024  da Real Academia Galega (RAG). Os vocábulos, que apelan de distinta maneira a temas que marcaron a actualidade dos últimos meses, responden dende a lingua propia a expresións alleas ou mesmo miran con ilusión cara ao 2025, cando se dedicará o  Día das Letras Galegas á poesía popular oral  e ás mulleres que a transmitiron ao longo dos séculos coas súas voces. A votación telemática para escoller a gañadora, que deu comezo este mércores, permanecerá  aberta ata as 23:59 horas do 25 de decembro  a través do Portal das Palabras da RAG. Neste 2024 medrou aínda máis a preocupación polos efectos do  consumo excesivo de contidos nas red...

Animais, auroras boreais, eclipse de sol… As mellores imaxes científicas de 2024

Imaxe
  A revista 'Nature' publica unha escolma das fotografías máis representativas do ano Un cemiterio de baleas sacrificadas polos humanos no fondo do océano en Groenlandia. Fotografía gañadora do premio Fotógrafo Submarino do Ano 2024. Imaxe de Alex Dawson. A revista  Nature   fixo unha selección de imaxes científicas para destacar aquelas máis representativas ou rechamantes de 2024. As instantáneas recollen desde acontecementos como a eclipse de sol total do 8 de abril deste ano —que se puido ver en gran parte de América do Norte— e outros fenómenos naturais como a chuvia de meteoros das  Perseidas , o Etna producindo aneis de vórtice volcánico ou as precipitacións torrenciais en Kenia (África). Tamén recada outras fotografías icónicas como pingüíns precipitándose ao baleiro e a Estación Espacial Internacional durante as auroras na Terra. Estas son algunhas delas: Primeiro plano dun escaravello vermello Primeiro plano dun  escaravello vermello  ( Rhynchophor...