Concerto de Nadal
A continuación, amosámovos a "convocatoria" dun Concerto de Nadal, coordinado polas alumnas de derradeiros cursos Elena (Pianista) e Uxía (Violista): CONCERTO DE NADAL O vindeiro Xoves 1 de Decembro ás 19.30 terá lugar un concerto de alumnos para celebrar xuntos o Nadal. Estaría ben que tocárades una panxoliña, aínda que non pasa nada se non é así. Podedes tocar individualmente ou en grupo, cantar, recitar algo… o que queirades. Se queredes actuar avisa a Elena Piano ou Uxía Viola sen dudalo moito porque o número de actuacións estará limitado. A data límite de apuntarse é o mércores 23 de Novembro.