Día da Ilustración 2025
Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao , celébrase o Día da Ilustración . Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración . Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano o protagonista é Xosé Vizoso , un dos artístas gráficos máis senlleiros e prolíficos da Galicia recente. . Unha ocasión para traballar e reivindicar desde as bibliotecas escolares a historia da ilustración galega que non deixa de ser memoria do noso país. Para achegarnos ao valor propio das imaxes máis aló dun cacompañamento da escrita. Tamén, unha oportunidade para poñer en valor o traballo do ilustrador e deseñador gráfico Luís Sendón autor do cartel deste ano, unha poderosa imaxe da que seguro teremos moitas e v...