Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2024

GRANDES LECTORES 23-24

Imaxe
  Noraboa a Olga, Martín e Claudia... foron sen sabelo grandes lectores e escoitadores este curso e para eles un pequeno recoñecemento da biblioteca. Esperamos que continuedes con esa ilusión e entusiasmo pola lectura e escoita.

ENQUISA USUARIOS: 22-30 de maio

Imaxe
  Enquisa aos usuarios  Durante os días  22 e 30 de maio  (ámbolos dous inclusive) estaremos a pasar unha enquisa aos usuarios da biblioteca que o desexen co obxectivo de mellorar o nosos servizos e funcionamento.      O papel para cubrir a enquisa e a urna atoparédelas na biblioteca desde o día 22 pola tarde.  Moitas grazas pola vosa colaboración.    Un saúdo desde biblioteca

SERVIZOS: 24 de maio

Imaxe
     O venres 24 de maio   a   biblioteca permanecerá pechada por cuestións organizativas. Un saúdo

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Imaxe
Este ano adicado a   Luisa Villalta  (A Coruña 1957 - 2004) Foi unha escritora, docente e violinista galega. Unha intelectual poliédrica que traballou en distintos campos, e en todos ben: poesía, teatro, narrativa, ensaio, música e colaboradora habitual en xornais e revistas. Foi unha muller feminista, ecoloxista e amante da nosa lingua, comprometida cos movementos culturais e sociais como a Festa da Palabra Silenciada e Burla Negra, e formou parte da Mesa pola Normalización Lingüística e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. No 2024 Luísa Villalta vai ser homenaxeada co Día das Letras Galegas, sendo a sexta muller nas 61 edicións.

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 7 de xuño

7 DE XUÑO DE 2024, ÁS 20.30H. teatro jofre CONCERTO 612 AMANCIO PRADA – LIBREMENTE Amancio Prada,  música, voz, zanfoña y guitarra Programa:  Libremente, cancións en directo do seu último álbum Prada Prada Fonte:  Amancio Prada Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado é: 1. Data límite para reservar unha entrada:  luns 3 de xuño  ás 19:00 2. As entradas se repartirán por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3. As entradas son persoais e intransferibles. A taquilla do Jofre terá un listado cos alumnos que leven entrada. 4. Os alumnos entrarán ao concerto xunto co profesor acompañante quen levará as entradas.

BOLETÍN DE NOVIDADES 3º trimestre

Imaxe
  Xa está dispoñible o boletín coas novidades na biblioteca no derradeiro trimestre do curso.   Subimos as imaxes por se queres botar unha ollada, e se queres descargarche o pdf pincha aquí: Novidades 3º trimestre

9 DE MAIO: DÍA DE EUROPA

Imaxe
 No Día de Europa, cada 9 de maio, celebramos a paz e a unidade en Europa. Esta data conmemora o aniversario da histórica "Declaración Schuman", na que expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política en Europa, que faría inconcibible a guerra entre as nacións europeas. A proposta de Schuman é vista como o inicio do que hoxe é a Unión Europea.

2 DE MAIO: DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Imaxe
O bullying ou o acoso escolar é a forma de comportarse ou dirixirse a outra persoa, xa sexa verbal ou físicamente, causando un dano temporal ou permanente á vítima. É un tipo de acoso repetitivo a unha ou varias persoas cara aos seus iguais, no que a persoa sofre ameazas, intimidacións, manipulacións e mesmo agresións físicas. Non mires cara outro lado, ACTÚA!