Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2016

CONCERTO DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

Imaxe
 Lembramos o concerto de hoxe no Auditorio de Ferrol. Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana 10 de nosos alumnos e alumnas poderán asistir de balde. Animádevos  Abril                                                                                                    Data: xoves 28 de abril, ás 20.30 horas Sala: Auditorio de Ferrol ORQUESTA SINFONICA DE GALICIA   Víctor Pablo Pérez, director Alice Sara Ott, solista Programa: J. M. Ruiz (1968-   ): Balcánicas E. Grieg (1843-1907): Concierto para piano en la menor D. Shostakovich (1906-75): Sinfonía nº 1 

ACR "O PEQUE CORO": MOBLES PARA OS CONTRABAIXOS

Imaxe
Resultado final   A Asociación Cultural e Recreativa "O Peque Coro" do CMUS Xan Viaño de Ferrol deseñou, fabricou ,transportou e instalou uns mobles para os contrabaixos do conservatorio, moi necesarios para unha boa conservación dos instrumentos.   A idea xurdiu do centro que puxo o diñeiro para o material necesario; a pericia e o enxeño correu gustosamente pola conta da Asociación.   Esperamos que a colaboración e a cooperación entre todos sexa sempre positiva e que veña a sumar e mellorar en todos os aspectos.   Galería de imaxes do " making off ":    

EIXO ATLÁNTICO, premios

Imaxe
"A presenza da cidade naval terá lugar a través do Conservatorio Profesional Xan Viaño, e máis concretamente, das tres alumnas do centro que foron seleccionadas polo propio centro para o certame que terá lugar entre o 23 e 24 de abril en Vilagarcía" Diario de Ferrol   Así anunciábase no periódico do 8 de abril o certame que tivo lugar este pasado fin de semana en Vilagarcía coas nosas alumnas Noreia Hermida (piano) María López Carballo (gaita) e María Lejuán (oboe) que actuaron na categoría de menores de 13 anos. Noraboa ás tres participantes porque as súas actuacións foron impresionantes. E noraboa a Noreia que acadou o 1º premio na categoría de solista.   Mais información no  facebook do conservatorio    Foto dos premiados   Galería de imaxes da entrega de premios :  

FELIZ DÍA DO LIBRO 2016

Imaxe
Fonte: #BuenasLecturas. Ilustración de Vincent Mahé

CONCERTOS DIDÁCTICOS 2016, venres 22 de abril ás 19:00

Imaxe
  Facémonos eco do concerto didáctico de mañá venres. Non volo perdades!   Fonte: Facebook do Concello de Ferrol   Pola mañá houbo dous pases para centros de primaria do municipio e outro pola tarde para todo aquel que recollera as entradas de balde na Taquilla do Teatro Jofre. Mais información no Facebook do Concello de Ferrol.

TRIVIAL MUSICAL. Concerto 5 de maio

Imaxe
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 5 de maio. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “ TRIVIAL ”.   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as   A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 2 d

DÍA DO LIBRO, 23 de abril

Imaxe
  Fonte: Bibliotecas Escolares    " Achégase o Día Mundial do Libro , o 23 de abril, unha das datas máis significativas do calendario civil nas bibliotecas escolares galegas. Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo , un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereizas..."   Fonte: Bibliotecas Escolcares - Día Mundial do Libro   Neste enlace con BE atoparedes un enlace á mensaxe de Irina Bukoba, Directora Xeral da UNESCO 2016 con motivo desta celebración e o link ao díptico

XAN VIAÑO, 25 aniversario 1960-1991: 2ª parte

Imaxe
  19:30 Coñece a obra de Xan Viaño * Lucinio Medel fálanos da obra do compositor ferrolán Lucinio Medel, "Xan Viaño mais aló das vangardas" Video: Lucinio Medel   * Susana Polo Viaño, Victoria Álvarez, Simón García e o coro Concerto Tempo interpretarán obras de Xan Viaño, dúas delas estreas Susana Polo Viaño, piano (estrea) "Estudio nº 2" (Xan Viaño) Video: Susana Polo Simón García. contrabaixo (estrea), "Solo para violonchelo"  (transcripción para contrabaixo) de Xan Viaño Video: Simón García   Coro "Concerto Tempo". José Antonio García Mato, director   Estudo para coro nº 5 do "Chorstudien" (Hermann Regner) Vinea Mea Electa (Xan Viaño) Ubi Caritas (Ola Gjeilo) Witness (Arr.: Jack Halloran) E de propina "Lela"   Video: Concerto Tempo Victoria Álvarez, soprano/Susana Polo Viaño (piano) Canción 1 do Cementerio Marino (Xan Viaño) Video: Victoria Álvarez   Ao final

XAN VIAÑO, 25 aniversario 1960-1991: 1ª parte

Imaxe
Anuncio en la prensa: La Voz de Galicia       Descargar programa     16:30 Coñece a música contemporánea!  * Susana Polo Viaño fálanos do seu tío A nosa coordinadora de Normalización Lingüística Iria Rico preséntanos o acto e a intervención de Susana Polo. Susana Polo, sobriña de Xan Viaño, durante a súa intervención Video: Susana Polo fálanos do seu tío Susana falou dos recordos que ten co seu tío Xan Viaño. Os asistentes puideron facer preguntas ao final da exposición.   * Concerto didáctico a cargo de Genaro Fernández e Ermitas García  Interesantísimo, se non fuches non volo perdades. Ermitas acercounos á música contemporánea e coa colaboración de Genaro explicou as partituras. Ao final subiron ao escenario algúns nenos e pintaron o que lles suxería a música. Genaro Fernández ao piano Video: Ermitas García Ríos   Os nenos de linguaxe musical trouxeron moitas pinturas para debuxar :).... Podedes ver o resultado no vestíbulo da entrada  

23 ABRIL: COLABORACIÓN CA "CENTRAL LIBRERA"

Imaxe
  c/ Real, 71. 15402 Ferrol. A Coruña Tel 981.35.09.56  Fax 981.36.98.54   Con motivo da conmemoración do Día do Libro (23 de abril), desde hoxe ata o 25 de abril na biblioteca do noso Conservatorio, e ca colaboración do establecemento ferrolán "Central Librera"  da rúa Real, haberá unha pequena exposición e venda de libros de temática musical que pode resultar de interés para a toda a comunidade educativa.       Podedes consultar os títulos expostos nos seguintes enlaces:  Catálogo 1 Catálogo 2    Os títulos e prezos son moi interesantes xa que sobre o P.V.P. o establecemento fará un 10 % de desconto tanto ao profesorado como ao alumnado.  Se estades interesados nalgún dos títulos falade cos profesores de garda en biblioteca ou ca coordinadora (Águeda). Esperamos que sexa do voso agrado. Feliz Día do Libro :)         Mail: centrallibrera@gmail.com Web: www.centrallibrera.net   Facebook:   https://www.facebook.com/centralibrera