TRIVIAL MUSICAL. Concerto 28 de abril
Grazas
á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 28
de Abril. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas
que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no
asunto especificar “TRIVIAL”.
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por
estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A
data límite para recibir os vosos correos é o
vindeiro luns 25 de Abril
(ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿de qué instrumento trátase?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: ¿qué nacionalidade tiña Grieg?
¡¡¡Moita sorte!!!
Abril
Data:
xoves 28 de abril, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol
Sala: Auditorio de Ferrol
ORQUESTA SINFONICA DE
GALICIA
Alice Sara Ott, solista
Programa:
J. M. Ruiz (1968- ): Balcánicas
E. Grieg (1843-1907): Concierto para piano en la menor
D. Shostakovich (1906-75): Sinfonía nº 1
Comentarios
Publicar un comentario