Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta CD

Zavala anuncia o lanzamento do seu segundo disco. Carla Romalde, antiga alumna do Xan Viaño !!

Imaxe
  Grupo Zavala coa antiga alumna do Xan Viaño, Carla Romalde, frauta travesa e canto. Da moito gusto anunciar estas novas de alumnado que pasou polo Xan Viaño e que prosiguen coa música. Neste caso, Carla Romalde, xunto cos seus compañeiros, presentan o seu novo disco Pequeno Manual Para Grandes Cambios II (Teoría e Práctica) .  Parabéns polo novo lanzamento a este grupo musical tan valente. Esperamos que teñades moitos éxitos e que nos sigades a compartir moi boa música e talento. Deixamos aquí a ligazón para que vexades un artigo publicado en La Voz de Galicia , falando do seu novo disco. Equipo de Biblioteca do CMUS Xan Viaño

PRESENTACIÓN DO CD DO PEQUE CORO GRAVADO EN MAIO

Imaxe
  O noso reportero do ANPA remítenos a crónica da presentación do CD do Peque Coro  que tivo lugar o pasado 24 de Xuño.  A directora do Peque Coro  Catuxa convocou aos pequecoristas para facer entrega do CD que gravaron en maio (no Auditorio José Arriola por Sergio Pena) así como da orla de fin de curso.  O ANPA agasallou a Catuxa e a Alexandra, e como non aos nenos e nenas, cunha tarta de chocolate co logo do Peque Coro polo seu quinto aniversario e que deuse boa conta dela.   Tarta agasallo do ANPA  Catuxa dedicou unhas palabras de agradecemento a todas as persoas que dunha forma ou outra fan posible que o coro siga adiante con tanto éxito. Tamén presentou o CD que con tanto agarimo fixérono.     Tamén quiso facer unha entrega especial á nosa compañeira e compositora da canción revelación da tempada o " Canon de Bego " Begoña Álvarez. Foi ovacionada cun gran aplauso.   Catuxa facendo entr...

PRESENTACIÓN DO CD "ENTRE TANGOS"

Imaxe
     O noso compañeiro Ximo Pallás Fuertes, profesor de contrabaixo, é integrante de EnClave xunto con Mateo Arnáiz (guitarra) e J. Miguel Castro (vibráfono). Aquí tedes a portada e interior do seu CD "Entre tangos": o precioso diseño gráfico corre a cargo de Fernando Castro e o repertorio -a través da figura central de Astor Piazzolla con 6 temas- amosa unha visión moi actual do tango instrumental.   Contenido: Astor Piazzola: 1. Adiós Nonino Máximo Diego Pujol: 2. Tando de Abril - 3.Milonga de Junio. Astor Piazzola: 4. Final Feliz - 5. Invierno Porteño - 6. La muerte del Ángel - 7. Oblivión - Suite Tango: Tango I e Tango II Carlos Gardel: 10. Volver Roland Dyens: 11. Tango en Skaï    A biblioteca dispón dun exemplar doado amablemente por  X i mo  que está dispoñible para empréstito. Lembrade que os audiovisuais tamén pódense prestar 5 días e que no caso de que o fondo aínda...

150 ANOS DO CMUS "MANUEL QUIROGA" DE PONTEVEDRA

Imaxe
    Desde a Dirección Xeral de Educación , Formación Profesional e Innovación Educativa achegan o Cd que contén algunhas das gravacións dos concertos realizados durante a primavera do 2014 con motivo da celebración do 150 aniversario da fundación do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra.  Como peza inicial de dito Cd aparece a obra para violín e orquesta Follas Vellas , do autor Saúl Chapela, en homenaxe ao eximio violinista que da o nome actual ao conservatorio e que foi galardoada co I premio do Concurso de Composición Manuel Quiroga en 2013, un certame dirixido ao alumnado matriculado en Conservatorios Profesionais e Superiores de Música da Comunidade Autónoma de Galicia.   "150 anos do Conservatorio de Pontevedra (1863-2013)"    O conselleiro de Cultura e Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou o pasado 27 de xaneiro no CMUS Manuel Quiroga o disco do 150 aniversario ...