Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Actividades de ferrolterra

Pinceladas sonoras. 3 de xuño ás 19:00 h no Auditorio Municipal de Ferrol

Imaxe
  O vindeiro mércores 3 de xuño ás 19:00 h no Auditorio Municipal de Ferrol , terá lugar "Pinceladas Sonoras", un encontro artístico único onde a música e as artes plásticas fusiónanse para derrubar barreiras. A través deste concerto, o alumnado de piano do conservatorio Xan Viaño, presta as súas mans ao piano para dar vida ás partituras, mentres que alumnado do colexio Terra de Ferrol proxecta o seu mundo interior traducindo esas mesmas melodías en trazos, texturas e cores. Unha experiencia sensorial e de inclusión que demostra que a arte é unha linguaxe universal capaz de conectar realidades e emocionar sen límites.

XXI Xornadas Literarias do Concello de Neda: Galician Noir

Imaxe
  As Xornadas Literarias sempre son moi interesantes pero nesta ocasión contar con Arantza Portabales, Marta Villar, Rober Cagia, Diego Ameixeiras, Óscar Reboiras, Pedro Feijoo e Isabel Ramos Breijo.

Esta Semana Santa: Xeorutas

Imaxe
  Desde o próximo sábado 28 de marzo e ata o domingo 5 de abril, haberá diferentes actividades polos distintos concellos que abrangue o Xeoparque Cabo Ortegal: desde xeorutas a pé ou a cabalo, ata a vía ferrata da Senda do Santo. As actividades están adaptadas a todo tipo de públicos e as persoas interesadas deben reservar previamente a súa praza a través do sitio web  geoviajesortegal.com , no que figuran os detalles específicos para cada unha das iniciativas, incluídos o prezo e os horarios. Animádevos a coñecer o patrimonio natural da nosa contorna!

Teatro afeccionado no Concello de Neda

Imaxe
 

Semilla Programa para familias. Centro de Arte Fundación María José Jove

Imaxe
Programa para familias que desarrollamos en el Centro de arte FMJJ durante el curso 2024-2025. Incluye visitas intergeneracionales a la Colección de Arte a cargo de La Querencia y diversos talleres específicos, diseñados por Createctura.  A partir de diferentes dinámicas y herramientas lúdicas de acompañamiento, el objetivo es reflexionar acerca de la idea de familia a través de la Colección de Arte.  Una semilla es la causa u origen de que proceden otras. La familia también puede ser la causa o el origen de diversos vínculos, puede conformarse de infinitas formas. ¡no hay ninguna igual! Taller intergeneracional 24 de mayo de 2025 Partiendo de la idea de “Museo como refugio” que se planteó en la visita intergeneracional del mes de abril, el taller para familias que se llevará a cabo en el Centro de Arte FMJJ el próximo 24 de mayo, de 11:30h a 13:00h, nos brindará la oportunidad de descubrir nuevas formas de vida alejándonos de la visión antropocéntrica. Cad...

Actividades no Ateneo Ferrolán. Poesía Salvaxe

Imaxe
Entre estes dous eventazos que se celebran no Ateneo Ferrolan como é a presentación do novo libro de Manolo Gonzalez e o arranque da Poesía Salvaxe , presentamos o que agardamos estea tamén á altura de tales efemérides; o primeiro disco de Arroás dun folk cen por cen galego e orixinal con 16 temas adicados a toda esta comarca de Ferrolterra. A entrada será de balde ata encher o aforo do salón de actos do Ateneo ás 19 h. Non creo que vos deixe indiferente. Como di, nin temos gaita, nin percusión tradicional. Só un pito pastoril galego, un baixo e unha voz que, agás algúns temas con letra, canta as melodías da flauta.

Programa Feira do Libro de Ferrol

Imaxe
  Se premedes sobre da imaxe , podedes atopar toda a axenda programada para a Feira do Libro que se celebrará este ano 2025 en Ferrol.

XX Xornadas Literarias adicadas a Alfonso Daniel R Castelao

Imaxe
  A figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será a protagonista da vixésima edición das Xornadas Literarias de Neda. O evento cultural, que se presentou na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus de Ferrol, ofrecerá entre o 24 e o 27 de abril unha visión ampla de quen para moitos é o intelectual galego máis destacado do século XX. Escritor, político, debuxante, investigador… Seguir lendo...

Rutas xeolóxicas

Imaxe
  Esta semana santa, o Xeoparque de Cabo Ortegal organiza dúas XeoRutas guiadas en autobús:  - O venres 18 de abril, a XeoRuta da Costa, percorrendo a costa de Loiba. - O domingo 20 de abril, a XeoRuta do Interior, visitando Pico Ferreira, os muíños de Loureiro e unha histórica canteira de toelo. Tedes  aquí  toda a información. Dádevos présa, que as prazas son limitadas!

Semana do cinema galego

Imaxe
Do 26 ao 29 de marzo, terá lugar a sexta edición da Semana do Cinema Galego, que se levará a cabo no Teatro Colón da Coruña. Durante estes catro días exhibiranse oito das producións máis recentes e recoñecidas da industria cinematográfica asinada en Galicia. A entrada é de balde ata completar aforo. Tedes toda a información sobre a programación  aquí . Non vos perdades este evento!

Exposición sobre Torrente Ballester en Ferrol

Imaxe
  Desde o sábado 8 de marzo e ata o 30 de abril , o centro cultural de Ferrol  Gonzalo Torrente Ballester , acolle a exposición que leva por título  Gonzalo Torrente Ballester, La Travesía de un Creador.  Trátase dun percorrido pola biografía deste autor ferrolán, que amosa fondos bibliográficos, gráficos, documentais e materiais conservados tanto na propia Biblioteca Nacional como na Fundación Gonzalo Torrente Ballester de Santiago de Compostela. Xunto ás 130 pezas expostas, tamén se pode ver o documental GTBxGTB, producido en 2010 pola Sociedad Estatal de Conmemeoraciones Culturales (SECC) e a Fundación Gonzalo Torrrente Ballester.

Feira Isabel Zendal no Aquarium Finisterrae

Imaxe
  Este sábado 1 de febreiro, o Aquarium Finisterrae da Coruña celebra a  Feira Isabel Zendal , con talleres científicos para todos os públicos da man de alumnado e profesorado da Universidade da Coruña. Ese día, a entrada será gratuíta para todas as persoas que visiten o Aquarium con reserva de entradas, que pode facerse na seguinte  dirección . Non volo perdades! Tedes información máis detaiada neste  enlace .

Semana do Patrimonio invisible en Ferrol

Imaxe
S EMANA DO PATRIMONIO INVISIBLE Do 23 ao 27 de outbro, Ferrol celebra a cuarta edición da Semana do Patrimonio Invisible, unha iniciativa impulsada pola Concellaría de Turismo que pretende dar a coñecer espazos históricos e arquitectónicos de gran valor cultural para a cidade, que habitualmente non están abertos ao público. As visitas fanse en grupos reducidos e requiren reserva previa. Tedes toda a información  aquí . A  Semana do Patrimonio Invisible  é un ciclo que abre as portas de tesouros, habitualmente fechadas, e deseña unhas visitas guiadas de pequenos grupos para que os seus usuarios garden na memoria unha experiencia cultural única. As visitas guiadas que realizamos na Semana do Patrimonio Invisible baséanse en dúas premisas: a calidade do discurso narrativo e a protección dos bens culturais que visitamos. Por este motivo as prazas para cada quenda de visitas son limitadas, e o proceso de reserva precisa da confirmación mediante correo electrónico por parte da ...