Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2015

PRESENTACIÓN DUN NOVO DISCO: LULAVAI "Lémbrame un soño"

Imaxe
 A historia de "Lulavai" comeza na "Escola de Artes e Oficios" de Vigo onde as catro integrantes coñécense (Paula Oanes, Josefa Fernández, Lorena Reinaldo e mais Elena Paz). Estudian arpa céltica co profesor Rodrigo Romaní e pasan a formar parte da sección de arpas da Orquesta Folc "SonDeSeu". En 2007 decidiron crear " Lulavai ", un proxecto no que o son de 4 arpas e 4 voces xúntanse para interepretar cunha sonoridade moi persoal temas tradicionais e de autor, mesturados con arranxos.  “CorDasVerbas” (SUL producciones, 2010) Este cuarteto presenta mañá en Vigo  Lémbrame un soño , o seu segundo traballo, no que manteñen ese característico son, agora con máis composicións propias.  "Lémbrame un soño" (2015). Fonte: A Voz de Galicia    Podedes ler unha pequena entrevista a Lorena Reinaldo (Ourense, 1978) en "La Voz de Galicia" do sábado 31 de xaneiro sobre este segundo disco:   http://www.lavozdegalicia.es/noti

PREMIADOS - I Concurso de Debuxo e I Concurso de Contos "Música para a Paz"

Imaxe
O equipo de Dinamización da Convivencia facilítanos a acta dos Concursos de debuxo e conto así coma unha bonita lembranza deste día.         Noraboa a tod@s

PROGRAMA DO CONCERTO POLA PAZ - Venres 30 de Xaneiro ás 19:00

Imaxe
Este é o programa do concerto de mañá venres 30 de xaneiro que terá lugar no Auditorio do CMUS Xan Viaño ás 19:00 horas a cargo de alumnos e alumnas de diversas especialidades do CMUS en homenaxe á convivencia e a paz. Estamos todos invitados.   Un saúdo

A BELEZA DA MÚSICA

Imaxe
Onte tivo lugar o concerto "A beleza da música" dentro das actividades organizadas nesta semana da Paz e onde os alumnos de piano con obras de Tchaikovsky desplegaron todo o seu bo facer. O concerto foi no Auditorio do conservatorio, adornado con pombas de diferentes cores e o retrato do compositor proxectado na pantalla. Subimos unha foto dun momento do concerto que amablemente facilítannos desde o equipo de convivencia.    Participaron alumnos dos profesores Lidia Espido, Loreto Pérez, Alexandra Pita e Paulo Rodríguez.    Noraboa a todos os participantes, os seus profesores e organizadores pola fantástica velada.

ENTREGA DE PREMIOS - I Concurso de Debuxo e I Concurso de Contos "Música para a Paz"

Imaxe
¡Reuniuse o xurado!   ¡Non esquecedes! O xoves 29 ás 19:00 no Auditorio do CMUS Xan Viaño ;) Saúdos e sorte aos participantes

TRIVIAL MUSICAL - Concerto do 11 de febreiro

Imaxe
En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro mércores 11 de Febreiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as   A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 9 de Febreiro (ata as 20:00 horas)  P REGUNTA GRAO EL

TÓCAA OUTRA VEZ XAN - IV edición

Imaxe
BASES DO CONCURSO DE INTERPRETACIÓN DE BANDAS SONORAS DE PELÍCULAS   "TOCAA OUTRA VEZ, XAN"     " A música é una creación humana que expresa emocions humanas e que aplicada ao celuloide, incorpora esa dimensión sobre as personaxes e trasladaas aos espectadores "   Organizado polo ANPA do Conservatorio Xan Viaño, contando ca colaboración do Conservatorio. Pretendemos que participe toda a comunidade educativa (alumnos, profesores, país, nais,...) do Conservatorio que desexen interpretar un tema dunha banda sonora (B.S.O.), cunha duración máxima de 5 minutos. Admítese calquera tipo de formación: solistas, orquestra, cámara, coro... Haberá dúas categorías: Grao elemental e Grao Profesional e un premio para cada unha delas. A interpretación dos temas levarase a cabo na segunda quincena de abril.   O periodo de inscripción é ata o 15 de marzo do 2015. Recollida e entrega do formulario de inscripción en conserxería.

CONCERTO 26 DE XANEIRO: P. I. Tchaikovsky, "O álbum da xuventude" Op. 39

Imaxe
O equipo de convivencia do Conservatorio facilítanos o programa de man do concerto de alumnos do vindeiro luns 26 de xaneiro que se celebra no marco das actividades da "Semana da paz":   Un saúdo

O RINCÓN DO COMPOSITOR: TCHAIKOVSKY

Imaxe
Como xa sabedes Tchaikovsky é o autor que nos ocupa estes días e a él está dedicado o rincón do ANPA: "O rincón do compositor": Piotr Ilich Tchaikovshy (1840-1893)  Nesta ocasión atoparedes moitas fotografías e documentos relacionados ca vida e época na que viveu este autor ruso: fotos e retratos, correspondencia do autor, deseños dalgúns dos decorados dos seus ballets, facsímiles de partituras...   Á esquerda do rincón, rodeada de libros de literatos rusos (Chejov, Babel, Tolstoi, Gógol...) está a biografía do autor.   Nadezhda von Meck, patrocinadora e amiga do compositor Fotografía do Museo Tchaikovshy, en Klin (Rusia) Na dereita da mesa tedes una pequena pantalla onde podedes ver e escoitar o ballet "O lago dos cisnes" na dirección de Nuréyev e a súa sinopse dos seus catro actos. Ballet "O lago dos cisnes" ¡Esperamos que vos guste!

30 DE XANEIRO "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ"

Imaxe
  Con motivo da celebración do día da Paz o vindeiro 30 de Xaneiro ¡¡¡mirade o que o noso ANPA fixo no vestíbulo do centro!!!  Vestíbulo do CMUS Xan Viaño   O acceso a Auditorio ten estes días un pórtico precioso con dúas columnas feitas de partituras para reciclar e moitísimas pombas adornan o teito.  As claves de Sol e Fa xúntanse para formar un corazón que atoparemos por toda a estructura. Na columna da dereita podemos ler o seu manifesto: " A formación para a paz, a cooperación e a solidariedade entre os pobos é unha das finalidades que debe plantexar o sistema educativo. Esta celebración, é polo tanto, unha oportunidade máis de contribuir a que os centros convértanse en instrumentos de paz e entendimento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. Non podemos esquecer que a escola é un reflexo dunha sociedade ca que comparte defectos, mais nela tamén edúcase para a vida e perséguese desenvolver nas alumnas e alumnos as capacidades e compe

OUTRA RECOMENDACIÓN DE XANEIRO: TCHAIKOVSKY "Danza da fada de azúcar" da suite "O Quebranoces" Op. 71a

Imaxe
Estos días o rincón do compositor e o concerto do luns 26 está dedicado a Tchaikovsky; desde a biblioteca imos recomendar un fragmento da obra deste compositor ruso. " O Quebranoces "  foi o terceiro ballet que Tchaikovsky compuxo polo encargo de Ivan Vsevolozhsky, director dos Teatros Imperiais quen quixo de novo contar ca música do compositor tralo éxito de " A bela durminte " (1890).    O seu libreto  parte dunha adaptación de Alejandro Dumas pai  sobre un conto de Hoffmann (" Quebranoces e o rei dos ratos " de 1816). A historia desenvólvese na Navidad de 1850, en Alemania, na casa do juíz Stahlbaum. Os fillos do matrimonio, Clara e Fritz, están a abrir os regalos e aparece o vello Drosselmayer -mago e padriño de Clara- co seu sobriño e tres caixas para ela, nas que hai un Arlequín, unha Colombina e un gran Quebranoces ca forma dun soldadito de madeira.  Deseño de vestiario Ivan Vsevolozhsky para "O Quebranoces" (1892) O ballet

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA SEMANA DA PAZ (26-30 XANEIRO)

Imaxe
 O equipo de Convivencia do Conservatorio facilítanos o programa de actividades que terán lugar a vindeira semana.      Estamos todos invitados

I CONCURSO DE DEBUXO E CONTOS "MÚSICA PARA A PAZ"

Imaxe
  Lembrade que tedes ata o venres 16 para presentarvos ó I concurso de debuxo e contos " Música para a Paz ". Na columna do vestíbulo e no corcho da biblioteca tedes expostas as bases  que podedes recoller en conserxería.  No cabalete do vestíbulo tamén hai unha foto cos trofeos do concurso, son bonitos ¿verdade? ¡¡Animádevos e moita sorte!!

RECOMENDACIÓN DE XANEIRO: JON GOMM

Imaxe
Nesta entrada colgamos un video de Jon Gomm titulado " Passionflower " (pasiflora), un dos tema do seu derradeiro álbum " Secrets Nobody Keeps ".     Jon Gomm, Passionflower . Video: Danielle Millea e Owen Plummer ( The Northern Film School )     Se queredes coñecer máis deste guitarrista podedes navegar pola súa páxina web. Nela atoparedes información dos seus concertos, música e videos para escoitar gratis, comentarios ós temas do propio autor e a posibilidade de mercar na tenda diferentes productos a bos prezos (tamén mp3 e tablaturas)   http://www.jongomm.com/ ¡Esperamos que vos guste!

TRIVIAL MUSICAL: Concerto do 28 de Xaneiro

Imaxe
Concerto 28 de Xaneiro 2015 En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro mércores 28 de Xaneiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e no Blog da biblioteca do Conservatorio.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as   A data límite para recibir os vosos co

SOCIEDADE FILARMÓNICA FERROLANA: CONCERTOS DA TEMPORADA

Imaxe
  Desde a Sociedade Filarmónica Ferrolana nos informan de que xa están á venda as entradas para todos os concertos da temporada na taquilla do Teatro Jofre:   ENERO Día 28, REAL FILHARMONÍA DE GALICIA   FEBRERO Día 11, GALA LÍRICA Día 26, CUARTETO DEL PINO   MARZO Día 26, ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA   ABRIL   Día 6, ORQUESTA JOVEN da OSG Día 10, REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Día 30, ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA     Non esquezades que grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir a cada un destes concertos. ¡¡Estade atentos porque en breve publicaremos o noso vindeiro Trivial musical!!     Máis información da programación en http://www.filarmonicaferrolana.es/    

ARTIGO: "A biblioteca musical nun conservatorio de música" por Enrique Agrelo Otero

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica o nº 68 da súa Revista Galega do ensino EDUGA . Entre as diferentes seccións, a de BIBLIOTECAS ESCOLARES acolle un bo número de artigos que permiten coñecer experiencias en distintos centros, sexa sobre o desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinar ou sobre actividades máis centradas no fomento da lectura; outros artigos constitúen un percorrido polo conxunto de actividades que deseñan, cumprindo así o seu papel de centros de lectura, información e aprendizaxe.   Neste número publícase un artigo de noso compañeiro Enrique Agrelo " A biblioteca nun conservatorio de música " . A continuación copiamos o seu resumo e adxuntamos o seu link:   "O funcionamento dunha biblioteca é algo que está estipulado en moitos tratados, pero a existencia de bibliotecas “especializadas” fai que se dean certas diferenzas, non só desde o punto de vista organizativo, senón do seu funcionamento. O nú

O RINCÓN DO COMPOSITOR: L. VAN BEETHOVEN

Imaxe
 O primeiro "Rincón do compositor" do 2015 está dedicado a Ludwing van Beethoven.  Ludwing van Beethoven (1770-1827)   Xunto cun retrato de Beethoven temos á esquerda a súa biografía cunha pequena descripción dos tres periodos compositivos nos que habitualmente divídese a súa obra; o seu lado o catálogo da mesma. Tamén temos un metrónomo : a súa dereita podemos ler a súa orixe e evolución e a relación que ten Beethoven co metrónomo Mälzel.   A música que as veces soará no rincón do compositor será a Sinfonía nº 5 en Do m Op. 67 ou a Sinfonía nº 6 en Fa M, chamada tamén " Pastoral " Op. 68 na interpretación da Orquestra Filharmónica de Berlín baixo a batuta de Herbert von Karajam.     A casa de Beethoven, en Bonn, hoxe museo.   Se tedes a sorte de viaxar a Bonn, podedes visitar a casa de Beethoven ( Beethoven-Haus, Bonn ). A casa onde veu ó mundo Beethoven é todo un símbolo para a cidade de Bonn. O edificio inclúe un museo, a bibli