RECOMENDACIÓN DO MES
Un mes máis, temos unha recomendación dun interesante libro da nosa Biblioteca ‘El triunfo de la música’ - Tim Blanning Se viramos a vista cara atrás, veremos que o valor dun artista cambiou moito ao longo da Historia. Ata ben entrada a Idade Media, as obras de arte eran anónimas e cando comezaron a a aparecer os primeiros nomes aos pes das pezas, ninguén lles deu máis importancia ca que podía ter un zapateiro. Eran tempos nos que a obra eclipsaba á persoa, sendo este pouco máis cun mensaxeiro dos deuses, un máis que transportaba a divinidade a través das súas creacións. No 1700 os artistas xa tiñan sinatura, aínda que o seu poder era máis ben escaso. Mozart, hoxe considerado un dos máis reverenciados compositores da Historia da Música, foi expulsado da Corte do Arzobispo de Salzburgo. Naquela época, o seu virtuosismo só o chegou a convertir nun servo das altas esferas. Vida e milagros dos artistas e xenios do antaño. A Editorial Acantilado acaba de p...