Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Familias

A NENA E O GRILO CAMIÑO DAS CORES no Pazo da Cultura en Narón. Montaxe teatral de Magín Blanco e Ghazafellos

Imaxe
Espectáculo no Pazo da Cultura dunha montaxe teatral de Magín Blando e a compañía Teatral Ghazafellos A NENA E O GRILO CAMIÑO DAS CORES A Nena e o Grilo camiño das cores é unha montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos con música en directo. É esta a última e cuarta entrega de A nena e o grilo, o musical infantil máis aclamado do panorama galego que conta con tres espectáculos previos: O País das Apertas, A Nena e o Grilo nun Barquiño e A Nena e o Grilo máis Aló. O fío condutor desta cuarta entrega son os camiños, as peregrinacións nas que as camiñantes buscan atoparse consigo mesmas, a vida que avanza e non sabemos a onde nos leva. A Nena xunto co Grilo que a acompaña emprenderá unha viaxe chea de aventuras e sorpresas na que descubrirá que o seu anhelo non é outra cousa que a amizade. Unha nova entrega da saga para público familiar coa que viaxamos ó País das Apertas! Compañía:   MAGÍN BLANCO E GHAZAFELHOS Lugar do espectáculo:   Auditorio Municipal Funcións:...