Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Doazón

Agasallo moi especial de Solomiia Savchuk ❤️

Imaxe
  ❤️Hoxe queremos darlle as grazas a nosa alumna Solomiia Savchuk, por un agasallo moi especial para o conservatorio: a doazón dun precioso libro de piano con pezas da tradición musical ucraína, que pasará a formar parte da nosa biblioteca José Fontenla Leal. Solomiia foi a primeira alumna ucraína do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol, e dende a súa chegada, emocionounos coa súa fermosa voz, co seu talento e, sobre todo, coa súa enorme calidade humana, deixando unha pegada fonda entre toda a comunidade educativa. Agora tócalle continuar o seu camiño musical noutro lugar. Grazas, Solomiia, por compartir connosco a túa música e a túa cultura. Moita sorte no teu futuro!❤️

DOAZÓN DA FUNDACIÓN ROGELIO GROBA, audiovisuais

Imaxe
  Grazas á Fundación Rogelio Groba, temos novidades en audiovisuais: 5 CDs con música de banda e orquestra (cámara e sinfónica). Consulta a súa disponibilidade en  OPAC

DOAZÓN: NOVIDADES VARIADAS

Imaxe
  Que teñen en común unha biografía de Mozart, un cómic en galego, La sonrisa etrusca, literatura xeral e infantil? Pois que pertencen a unha doazón xenial.  Podes consultar a súa disponibilidade en novidades na  OPAC

DOAZÓN: publicacións periódicas e clarinete

Imaxe
Temos novidades en publicacións periódicas de Nassarre e Neuma   (P.P. NAS 34 e 35, P.P NEU11-2 ) e un método de clarinete:  Rafael Salvador, Las escalas en el clarinete, Ed. Piles ( *R7202) CA.M 35

NOVA DOAZÓN

Imaxe
 A biblioteca ven de recoller unha nova doazón. Informarémovos do que vaiamos atopando e incorporando ao catálogo e aos fondos en depósito.  Saúdos desde a biblioteca  

DOAZÓN DE VINILOS

Imaxe
Temos una doazón de música dun particular. De momento está en espera de catalogación.  Un saúdo

NOVA DOAZÓN

Imaxe
Grazas á doazón do noso antiguo compañeiro Carlos Lara , teremos novidades nas materias de piano só, armonía e historia. Informaremos en canto estean disponibles no fondo    Un saúdo

DOAZÓN DO CFR DE FERROL

Imaxe
   O CFR de Ferrol donounos moitísimo material de música. Ao longo deste mes de novembro catalogarémolo e informaremos dos títulos que se incorporarán ao catálogo.   Un saúdo desde a biblioteca

DOAZÓN: Guía de Planificación Pedagóxica da JONDE

Imaxe
Desde o Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música envíannos a Guía da Planificación Pedagóxica da "Joven Orquesta Nacional de España " correspondente á actividade realizada durante os anos 2016 e  2017, e na que xunto aos diferentes apartados que dan conta da mesma (encontros, intercambios e colaboracións, álbums fotográficos, etc) inclúese unha estatística sobre a participación nas probas de admisión dos alumnos procedentes de todos os conservatorios e centros superiores de música españoles.    Fondo: R.C 106 / *R6116 Como sabedes os fondos para consulta non se emprestan pero están disponibles en sala para todos/as.

DOAZÓN

Imaxe
  A biblioteca recibiu unha interesante doazón recentemente.  Parece que hai moitas partituras da primeira metade do século XX ... Iremos informándovos segundo avance a catalogación.    Saúdos desde a biblioteca

GAITA: "DE TRADICIÓN..."

Imaxe
Grazas á doazón do noso compañeiro Xoán Porto Becerra , profesor de gaita, teremos o seguinte CD na biblioteca.   Se estades interesados en escoitalo, como aínda os audiovisuais non están catalogados, podedes falar con Águeda.     1. Polka dos Areeiras 2. Cantiga de Palas de Rei 3. Xota Vella 4. Muiñeira de Cadós 5. Valse de Pazos de Merexo 6. Muiñeira do Sisto da Chaparra 7. Pasodobre 8. Alborada de Verín 9. Tangodobre 10. Muiñeira dos Pendellos 11. Pasodobre de San Roque 12. A Camposa 13. Se chove

IX PREMIOS Á EXCELENCIA MUSICAL

Imaxe
Achegan desde a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa os CD froito da gravación efectuada nos estudios de gravación Mans da Coruña polos artistas noveis premiados nos "IX Premios á Excelencia Musical Mans Futuro 2016" que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou en colaboración coa Fundación Paideia Galiza.  "Estes premios tratan de impulsar a promoción daquel alumnado que remata estudos nos conservatorios superiores de música de Galicia coas máximas calificacións, recoñecendo o seu esforzo e colaborando co seu desenvolvemento profesional cunha formación artística de calidade. Co mesmo propósito, referido neste caso ás ensinanzas profesionais de música, tamén envían os CD correspondentes aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais na modalidade de música na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2015/16, gravados nos mesmos estudios de gravación mencionados...

OS CANTOS DO MAR, Dorothé Schubarth

Imaxe
 O pasado 16 de maio tivo lugar a celebración do Día das Letras Galegas no noso Conservatorio.  Nese día tivemos un recital e a entrega de premios do XIII Concurso "Xan Viaño" de Creación Musical así coma a presentación do libro " Os cantos do mar " de Dorothé Schubarth.   A autora amablemente dedicounos un exemplar e temos outro para empréstito.     Coma sempre, xa sabes que podes consultar a súa disponibilidade na OPAC Saúdos desde biblioteca

NOVOS FONDOS

Imaxe
 Temos unha nova doazón de fondos grazas a AGADIC, s o bre todo nas materias de banda e orquestra. Conforme cataloguemos iremos informándovos dos títulos por si son de voso interese. Lembrade que tedes a OPAC   a vosa disposición para consultar tanto o noso catálogo como o de calquera outra biblioteca da Rede de Bibliotecas de Galicia. Saúdos desde a biblioteca

DOAZÓN DE ARTEDUCA

Imaxe
  O pasado 24 e 25 de febrero estiveron connosco 11 alumnos e 5 profesores da Escola de música ArtEduca de Famalicao (Portugal ).   Antes de marchar fixeron unha doazón á biblioteca:   Fernando Pessoa, Tabacaria ( LI 237 ) Histórica de Vilanova de Famalicao ( H.V 19 ) e o DVD " Concerto de Celebraçao do 10º Aniversario " que está á espera da catalogación de audiovisuais.    Coma sempre, xa sabes que podes consultar a súa disponibilidade na OPAC

NOVA DOAZÓN

Imaxe
   Esta semana tivemos unha nova doazón. O seu antigo dono foi músico profesional de banda. Comezaremos en breve o expurgo e a súa catalogación e estaredes informados do que atopemos Un saúdo desde biblioteca

DOAZÓN PARTITURAS CLARINETE

Imaxe
Hai dúas novas incorporacións aos fondos de clarinete grazas á unha doazón ( CA.M 25 y CA.P 95 ): Dangain, Guy: L'A.B.C. du jeune clarinettiste, Gérard Cillaudot Harris, Paul: Music Through Time, Clarinet book 1 (Grades 1-2)    Podedes consultar a súa disponibilidade na OPAC

NOVA DOAZÓN: compositores españoles e lationamericanos de música actual

Imaxe
Por cortesía da Fundación BBVA recibimos una selección de CDs pertencentes á colección " Compositores españoles e Latinoamericanos de música actual ".   "Esta colección posta en marcha pola Fundación BBVA coa colaboración do selo discográfico Verso ten como obxectivo revitalizar o traballo de creadores e intérpretes de España e América Latina, abrendo unha porta à pluralidade estética e establecendo un cauce para a reflexión crítica sobre a creación musical a un lado e outro do Atlántico". Fonte: Fundación BBVA   Nese enlace poderedes consultar o listado de obras e en breve publicaremos os títulos disponibles na biblioteca.

NOVA DOAZÓN: AUDIOVISUAIS

Imaxe
Grazas a Teresa Castrillón , profesora de Linguaxe Musical, os audiovisuais da biblioteca increméntanse coa seguinte doazón:   Body Percussion, Método Bapne Percusión corporal e inteligencias múltiples Javier Romero Naranjo, Didáctica de la Percusión Corporal , 5 vols.

NOVA DOACIÓN: MATERIAL DE COMPOSICIÓN E LITERATURA MUSICAL

Imaxe
   Grazas ao que foi noso compañeiro e profesor de Linguaxe Musical, Carlos Lara Coira , podemos aumentar os nosos fondos das materias de composición e literatura musical.    Os títulos cos seus correspondentes signaturas son:    - Baricco, Alessandro: Barnum (LI.MU 94) - Fischer-Dieskan, Dietrich: Texte deutscher lieder (LI.MU 95) - Fuchs, Viktor: Die Kunst des Singens (LI.MU 96) - Grosvenor & Meyer: Estructura rítmica de la música (CM.A 27) Kuhn, C.: Historia de la composición musical (CM.C 17) - Formes & Wilbrandt: Contrapunto creativo (CM.CO14) - W. Piston: Armonía (CM.H 20) - de la Motte, Dieter: Armonía (CM. H(1) y (2) - López García, J. L.: Conjunto coral (CR56)    Xa están disponibles para o empréstito. Podedes consultar o resto do catálogo na páxina da OPAC