Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Premio Nacional das Letras Españolas

Premio Nacional das Letras Españolas 2024: Manuel Rivas

Imaxe
Manuel Rivas O escritor  Manuel Rivas  (A Coruña, 1957) gaña o Premio Nacional das Letras Españolas correspondente ao ano 2024 pola súa «extraordinaria calidade narrativa que aúna forza emocional e beleza formal». Tal e como informa Europa Press, o  xurado destacou ao autor por «unha traxectoria versátil e coherente construída coa sensibilidade e a defensa da memoria histórica, a responsabilidade social e a lingua galega.  Poucos autores do panorama literario español, partindo dun compromiso firme coa súa lingua, conseguiron alcanzar tal recoñecemento a nivel mundial» . Este mesmo xurado sinalou que a súa obra «acompaña o seu activismo, cunha pluma que, sen adoutrinamento, axita conciencias, induce á reflexión e estimula o pensamento cara á defensa da pluralidade lingüística e cultural e cara á igualdade de xénero. Manuel Rivas, cunha voz poderosa e singular, crea literatura e, con ela, volve situar a escritura galega no olimpo das Letras Nacionais». O premio, que re...