Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ciencia en Galego

11F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Imaxe
  No ano 2015, a  ONU  estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da  Resolución A/RES/70/212 . A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.   Lembremos que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS,  incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.   Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM, visibilizando o traballo das mulleres nestas áreas e coñecendo as dificultades que atopan. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das m...

Nomes galegos de aves de Galicia e de España

Imaxe
  A RAG estrea hoxe unha plataforma para a procura dos nomes de máis de 600 especies de aves. O buscador é froito do traballo conxunto de ornitólogos e lingüistas e permite realizar procuras pola denominación galega, a científica ou a familia á que pertenece cada ave. Moitas das entradas contan, ademais, con fotografías. Tedes toda a información  aquí .

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2024

Imaxe
" Toda sociedade precisa coñecer e interpretar o mundo para desenvolverse   nel de forma satisfactoria. A Ciencia é un xeito especial de coñecemento   do mundo que se desenvolveu en Occidente desde o Renacemento e   eclosiona coa Modernidade nos séculos XIX e XX. É responsable do noso   progreso tecnolóxico e industrial, pero tamén foi da man do complexo   tecno-militar desde o século XVI, da consolidación do capitalismo e   da expansión colonial europea. Toda esta historia está reflectida nas   bibliotecas e fan que debamos volver a elas continuamente. Pero non só.   Tamén está reflectida na tradición oral, nos hábitos e na cultura material". Felipe Criado-Boado  Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Conselleria de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLI...