Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2024

"Toda sociedade precisa coñecer e interpretar o mundo para desenvolverse  nel de forma satisfactoria. A Ciencia é un xeito especial de coñecemento  do mundo que se desenvolveu en Occidente desde o Renacemento e  eclosiona coa Modernidade nos séculos XIX e XX. É responsable do noso  progreso tecnolóxico e industrial, pero tamén foi da man do complexo  tecno-militar desde o século XVI, da consolidación do capitalismo e  da expansión colonial europea. Toda esta historia está reflectida nas  bibliotecas e fan que debamos volver a elas continuamente. Pero non só.  Tamén está reflectida na tradición oral, nos hábitos e na cultura material".

Felipe Criado-Boado 




Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Conselleria de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Felipe Criado-Boado, arqueólogo e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC.  Foi Premio nacional de investigación 2023.

O manifesto para este ano 2024 abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder sementar e degustar a ciencia nas nosas bibliotecas escolares.
 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL