Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Retos musicais

RETO MUSICAL 3: Título da Peza

Imaxe
  RETO MUSICAL 3 : Título da Peza Esta peza musical en forma de canción, pecha un dos libros fundacionais do Rexurdimento: o poemario máis importante que se escribiu en lingua galega. A autoría musical e literaria desta peza musical está composta pola mesma p ersoa. Con este último reto pechamos o Concurso deste curso. Lembrade que tedes ata o día  17 de febreiro ás 21:00h    para participar. As/os gañadoras/os serán publicados neste blog o día 18 de febreiro ás 13h.

RETO MUSICAL 2: Xénero Musical

Imaxe
  RETO 2: Xénero musical                     O xénero desta peza musical é un dos máis coñecidos e autóctonos da música                      tradicional e  popular galega. Foi e segue a ser empregado polas gaiteiras e gaiteiros                      para facer os  pasarrúas pola mañanciña e dar a benvida ao día . Foi popularizada, en                      versión  instrumental,  por gaiteiros históricos  como os “Gaiteiros de Soutelo” ou os                      “Irmáns  Portela”.                       Na actualidade esta peza  foi versionada por moitas artistas como Nord...

RETO MUSICAL 1: Movemento cultural ao que pertence o/a autor/a

Imaxe
Collendo como idea o lema das bibliotecas deste curso,  A biblioteca escolar ten a  palabra,  propoñémosvos este reto musical onde colocamos no foco a relación da música coa palabra. RETO 1 : Movemento cultural ao que pertence o/a autor/a Foi un movemento intelectural, literario e social que xurdiu en Galicia na segunda metade do S. XIX. Os autores a autoras deste movemento están moi influenciados polo ideal romántico no cal a literatura tiña que recoller o espíritu do pobo. Este movemento nace para reivindicar, dignificar e literaturizar a lingua galega. Lembrade que podedes participar dende xa introducindo a vosa resposta na urna que tedes na biblioteca. No papeliño que introduzades na urna tedes que poñer os seguintes datos: Nome: _____________________ Curso: _____________________                                ...

CONCURSO "RETOS MUSICAIS": Bases

Imaxe
                      BASES :     1.  Participantes:  alumnado do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Cada alumna/o pode participar unha vez.    2.  Requisitos:  responder correctamente a cada un dos TRES retos histórico-musicais propostos no blog da biblioteca:  http://bibliotecajosefontenlaleal.blogspot.com - O reto nº 1 publicarase o día 31 de xaneiro - O reto nº 2 publicarase o día 7 de febreiro - O reto nº 3 publicarase o día 14 de febreiro    3.    Respostas:  cada participante deberá escribir nunha folla a resposta do reto xunto cos seus datos (nome completo, curso, número do reto e resposta). Exemplo: Nome: _____________________ Curso: _____________________                                 ...

Volve o concurso de RETOS MUSICAIS!!!

Imaxe
Como cada curso, retomamos o Concurso de Retos Musicais!! Este curso enlazamos por un lado co lema das bibliotecas escolares " A biblioteca escolar ten a palabra " e por outro co " O galego é música " dentro do Plan Proxecta no que está inmerso o conservatorio. O vindeiro martes día 25 compartimos as bases. Ficade atentxs!!