RETO MUSICAL 2: Xénero Musical

 



RETO 2: Xénero musical


                O xénero desta peza musical é un dos máis coñecidos e autóctonos da música 

                tradicional e popular galega. Foi e segue a ser empregado polas gaiteiras e gaiteiros 

                para facer os pasarrúas pola mañanciña e dar a benvida ao día. Foi popularizada, en 

                versión instrumental, por gaiteiros históricos como os “Gaiteiros de Soutelo” ou os 

                “Irmáns Portela”. 


                Na actualidade esta peza foi versionada por moitas artistas como Nordestinas (Uxía 

                Senlle e Guadi  Galego acompañadas por Abe Rábade), Carlos Núñez ou a 

rapeira Wöyza.



 Lembrade que podedes participar dende xa introducindo a vosa resposta na urna que 

    tedes na biblioteca. No papeliño que introduzades na urna tedes que poñer os seguintes

 datos:



Nome: _____________________

Curso: _____________________


      Resposta
Reto 2 :_____________________


                                                            Os gaiteiros de Soutelo




Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS