Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Samaín 2026

Hoxe comezan as proxeccións de Samaín na biblio !

Imaxe
 

Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete.

Imaxe
  Desde 2023, Galiza Cultura promove a celebración do Samaín popularizando a obra de Castelao, Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete . O esqueleto protagonista relátanos as súas memorias, que recollen as peripecias dunha existencia máis alá da morte, sobre o mundo dos vivos. O vindeiro 28 de outubro, mércores, ás 20:00 h, o Teatro Jofre de Ferrol será o escenario onde esta historia cobre vida. A montaxe conta coa participación de membros da Coral de Solfa de Santiago e da Agrupación Cultural O Galo, baixo a adaptación e dirección de Lucho Penabade , profesor de Lingua Galega e Literatura no I.E.S. Fernando Esquío.

Novo festival literario en Pontedeume para celebrar o Samaín

Imaxe
  Pontedeume estrea Vila das lendas , un festival literario que se celebrará do 30 de outubro ao 1 de novembro, coincidindo co Samaín. Haberá encontros con escritores, presentacións de libros, mesas de debate, roteiros temáticos, representacións escénicas, actividades familiares, talleres e sesións de narración oral. Unha parte importante das propostas estará vinculada as historias e lendas do propio territorio. Toda a información aquí .

Proxeccións terroríficas de Samaín na biblioteca

Imaxe