Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Encontros

Materiais dos Encontros PLAMBE15 e Ángel Carracedo

Imaxe
Os pasados 12 e 13 de marzo de 2015 celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2014/2015 , coa asistencia de 550 profesoras e profesores, responsables das bibliotecas escolares integradas neste programa da consellería.  En redEB , o espazo moodle de Bibliotecas Escolares de Galicia, están dispoñibles xa os materiais destes encontros, co fin de que os equipos de bibliotecas e todo o profesorado interesado poida acceder ás presentacións dos relatores e a outras informacións de interese sobre os contidos do programa.  Entre os materiais dispoñibles, a versión pdf do cómic VIVIR NO SOLO , con guión de Marilar Aleixandre, editado co gallo da celebración do ano 2015 como Ano Internacional dos Solos . Esta publicación, da Delegación Territorial da Sociedade Española da Ciencia do Solo en Galicia , coa colaboración do concello de Santiago de Compostela, foi distribuída nos encontros de forma que puidese chegar, en formato imp...

ENCONTROS PLAMBE 2015

Imaxe
   Os días 12 e 13 de marzo tiveron lugar en Santiago os "Encontros do Plan Mellora de Bibliotecas Escolares 2014-2015" (PLAMBE) e a Biblioteca "José Fontenla Leal" estivo alí. Neste enlace atoparedes os  Materiais dos encontros ; aínda non están os videos pero en breve publicarán e colgaremos o enlace. Cando estean non vos perdades o video de Ángel Carracedo.   Nos Encontros do Plan Mellora de Bibliotecas Escolares 2015 atopamos ao coordinador da Biblioteca de CMUS Profesional de Vigo, Feliciano Carbonell . Xa estamos a colaborar xuntos.   Un saúdo

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2014/2015

Imaxe
Os vindeiros 12 e 13 de marzo terán lugar en Compostela (Palacio de Congresos) os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares , unha cita anual do profesorado que coordina e representa aos equipos de bibliotecas escolares dos centros integrados neste programa. No presente curso participan deste Rede de bibliotecas escolares que supón o PLAMBE, un total de 550 centros distribuídos por toda a xeografía do país.   Coma en anos anteriores, a participación nos encontros será do seguinte xeito: 12 de marzo : responsables das bibliotecas dos 33 centros que se incorporaron ao PLAMBE na convocatoria de 2014. 13 de marzo : responsables do resto das bibliotecas do PLAMBE ata un total de 550.  O programa elaborado desde a Asesoría de bibliotecas escolares, en colaboración co CAFI (Servizo de Formación do Profesorado), conta coa presenza de expertos como Casildo Macías (coordinador da Rede de bibliotecas escolares de Extremadura, coautor do Marco de referenc...