Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Mapa

Cantas rúas con nomes de muller hai no teu concello? Compróbao neste mapa

Imaxe
  Unha aplicación interactiva permite visualizar a porcentaxe aproximada de espazos en feminino que existen en Galicia O proxecto Streen names lab reflicte a porcetaxe de rúas con nome de mulleres en Galicia. Foto: Street name lab Rosalía de Castro, Clara Campoamor e Concepción Arenal son  algúns dos nomes femininos máis presentes na guía de rúas de Galicia . Pero en que porcentaxe están representadas as mulleres neste eido? Teñen os homes máis vías, avenidas ou paseos dedicados? Agora pódese comprobar a golpe de clic grazas a un  mapa interactivo . A través do proxecto  Street names lab , un grupo de investigación das universidades de Sevilla, Granada e Barcelona analiza cuantitativamente os topónimos urbanos da guía de rúas de España. Para este estudo  desenvolveron un algoritmo que “clasifica de forma automática as rúas de mulleres e de homes , examinando miles de termos obtidos da Guía de Rúas do Censo Electoral do Instituto Nacional de Estatística dende 200...