Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Igualdade

Novidades: Historia revisada de las mujeres

Imaxe
  No Día da Muller traemos unha novidade:  Historia revisada de las mujeres .  Unha retrospectiva ilustrada, curiosa e fenomenal da historia da humanidade — da prehistoria ata o século XXI — desde o punto de vista das mulleres e as súas vidas cotiás en diferentes culturas, épocas e circunstancias. Moitos destes importantes datos non figuran na maior parte dos libros de historia!  Un abreboca a redescubrir con rigor cosas que pensabas que sabías.

8 de Marzo Pola Igualdade

Imaxe
Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras téxtiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban. Distintos movementos sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga. En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. Actualmente, celébrase como o Día Internacional da Muller, e por iso vos traemos unha mostra de obras sobre o tema que están na plataforma E-LBE.2 : https://...

Fondo Solidario de Libros no CMUS Xan Viaño de Ferrol

Imaxe
📚🧸 Fondo Solidario de Libros: ¡Participa! Dende a coordinación da  Biblioteca José Fontenla Leal  do noso centro CMUS Xan Viaño, poñemos en marcha unha fermosa iniciativa, que enmarcamos dentro do  Plan Proxecta + : o noso  Fondo Solidario de Libros . Queremos fomentar a lectura e, ao mesmo tempo, ser solidarios. A nosa proposta inclúe dúas vertentes: 1. Leva un exemplar para ti 📖 Poñemos á vosa disposición un fondo de libros para que calquera persoa que o desexe poida coller algún exemplar de balde. 2. Solidariedade Infantil e Xuvenil 🧸🏥 Tamén organizamos unha recollida de libros infantís e xuvenís para unha causa marabillosa:  doalos á Biblioteca de Pediatría do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide de Ferrol . A túa doazón pode axudar a facer máis levadeira a estancia dos nenos e nenas no hospital. Grazas de antemán pola túa colaboración! Onde e cando? 📅  Dispoñibilidade:  A partir de mañá,  mércores 2 de decembro . 📍  Lugar: ...

Cuestionate: Loita pola igualdade

Imaxe
  A pesar dos avances conseguidos aínda queda un longo camiño por percorrer para chegar a lograr unha igualdade real entre xéneros. Os datos actuais móstrannolo; na maioría dos países as condicións de igualdade entre homes e mulleres distan moito de ser unha realidade. Se falamos de violencia, desde que se desatou o brote de COVID-19, os novos datos e informes revelan que se intensificou todo tipo de violencia contra as mulleres e as nenas, sobre todo, a violencia no fogar. É a pandemia na sombra que crece no medio da crise da COVID-19 e necesitamos un esforzo colectivo xeneral para detela. Con este vídeo que forma parte do noso quiz "questionate" queremos falar diso dunha maneira diferente, dunha maneira lúdica, para conseguir unha futura cidadanía comprometida e sensibilizada que contribúa a vencer á violencia, rompendo estereotipos e cambiando mentalidades.  Enrédate e crea fíos pola igualdade!

Día das escritoras

Imaxe
  O Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritoras e Escritores (ACE) e oCentro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.  Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 16 de outubro. A X Edición celébrase este ano 2025  o 13 de outubro baixo o lema "1975: Escribide, compañeiras!".  "As escritoras activas ao redor de 1975 reflicten en moitas das súas obras o desexo dun cambio profundo e radical nas vidas das mulleres, denuncian a falta de liberdade e de autonomía, dan testemuño do que ocorre fóra de España, esixen unha nova o...

Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño

Imaxe
  A Real Academia salda unha débeda co feminismo e co xornalismo:  Begoña Caamaño , Letras Galegas 2026. A xornalista e autora Begoña Caamaño (Vigo,1964 - Santiago de Compostela,2014) será a protagonista das próximas Letras Galegas. Así o anunciou este venres a Real Academia Galega (RAG) nunha rolda de prensa no pazo de María Pita, en A Coruña, onde a institución ten unha das súas sedes mentres se reforma o seu edificio na cidade. O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, subliñou que as Letras do 2026 serán «unha oportunidade para coñecer a unha figura tan inspiradora como é a de Caamaño». Ademais, sinalou que tamén serve para poñer o foco nos xornalistas «nun momento histórico oportuno para isto». Sobre  a súa obra, indicou que aborda a mitoloxía clásica e artúrica. En canto a súa traxectoria profesional, apuntou que se centrou «na defensa dunha profesión xornalista e crítica».  Seguir lendo en  La Voz de Galicia

De nenas a lendas: 15 historias de emprendemento feminino

Imaxe
  Unha iniciativa única de sensibilización e empoderamento que forma parte da campaña Enredadas e foi impulsado e desenvolvido por 24 mulleres (2 máis na súa versión en galego), dá voz ás historias de 16 emprendedoras de diferentes países —España, Bolivia, Colombia, Nicaragua e Perú— e promove o valor da perseveranza, a creatividade e o liderado feminino en contextos diversos e moitas veces adversos. Cun enfoque didáctico, De nenas a lendas preséntase como unha ferramenta educativa que inspira a novas xeracións a desenvolver o seu espírito emprendedor e a afrontar os desafíos desde a valentía e a resiliencia. Esta obra busca inspirar e educar sobre o valor da perseveranza e o liderado feminino en contextos diversos. Cada historia, ilustrada por unha artista diferente, eleva a estas mulleres como referentes para novas xeracións. Para descargar a obra

Ver para crer. Inspirando ás mulleres a cumprir os seus soños

Imaxe
Dicimos ás nenas que poden ser o que queiras, pero ás veces as aspiracións requiren un pouco de inspiración.  O Festival All About Women, en colaboración co socio do evento Maserati, axudou a tres mulleres novas a atopar mentores que as inspiren a conseguir os seus soños. Producido pola Sydney Opera House e Maserati.  Maserati é un orgullosos socio da Ópera de Sydney e do all About Women Festival. A Sydney Opera House é unha icona australiana e un dos centros de artes escénicas máis activos do mundo. Nesta canle atoparás actuacións, contido entre bastidores. Con máis de 40 espectáculos á semana na Ópera de Sydney, hai algo para todos.

Día da infancia - O agasallo das árbores de Cris Caldas. Teatro Infantil. Auditorio Sede Afundación Ferrol

Imaxe
  Día da infancia - O agasallo das árbores de Cris Caldas ·          Auditorio Sede Afundación de Ferrol ·          16 novembre 2024 17:30 h. ·          45 minutos ·          Idade  mínima: 3 anos Con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DA INFANCIA, o 16 de novembro, Afundación convida ao público a asistir ao espectáculo " O agasallo das árbores" , que está insertado no Programa Cultura por Alimentos. 👀👆🍲👧👦¡IMPORTANTE! O acceso ao concerto será mediante a doazón de alimentos infantís que irán destinados ao Banco de Alimentos. Moita xente coñece "Os tres porquiños", famosos no mundo dos contos, pero casi ninguén coñece a historia dos seus pais e de cómo medraron entre as árbores da montaña galega e contos de igualdade. Todo sábese porque o contou a avoa de Carmela que sabía moitas cousas de contos de sempre. Ela...