Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Casa das Ciencias da Coruña

Unha estrela para Rosalía de Castro

Imaxe
O 17 de decembro de 2019, a Unión Astronómica Internacional designou oficialmente co nome Rosalía de Castro a unha estrela na constelación do Serpentario. No quinto aniversario deste fito histórico, o mércores 18 de decembro celébrase unha actividade na   Casa das Ciencias   da Coruña na que Martin Pawley, promotor da campaña desde a Agrupación Astronómica Coruñesa, contará historias da astronomía a través dos textos de Rosalía de Castro, nunha sesión especial do planetario ao redor da escritora e a súa estrela. A entrada a actividade é gratuíta, ate completar o aforo da sala. As entradas comezarán a repartirse a partir das 19:15 h. na recepción da Casa das Ciencias. Non se permite a entrada unha vez iniciada a actividade. Preme aquí para máis información desta actividade.