Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Cantigas

Un mapa dixital reúne todos os topónimos das cantigas profanas medievais

Imaxe
A maioría dos lugares que se citan nestes textos aínda existen na actualidade, pero moitos deles teñen unha relevancia social moi diferente De esquerda a dereita: a investigadora Carmen de Santiago; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; a coordinadora do proxecto, Pilar Lorenzo; e a investigadora Mariña Bermúdez. Investigadoras da Universidade de Santiago (USC) crearon un mapa dixital con todos os topónimos que aparecen nas cantigas  profanas medievais . A cartografía é froito do traballo dun equipo dirixido pola catedrática de Filoloxía Románica  Pilar Lorenzo Gradín , e no que participan a historiadora  Mariña Bermúdez Beloso  e as filólogas  Carmen de Santiago  e  Helena Bermúdez . Esta ferramenta, denominada  CANTICAR , elaborouse no marco do proxecto  Lírica galego-portuguesa  desenvolvido no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. “Situamos no mapa todos os topónimos que os trobadores e xograres mencionar...

Un mapa interactivo xeolocaliza os lugares que inspiraron as 69 cantigas de romaría

Imaxe
A ferramenta creada na USC permite acceder a textos orixinais, datos históricos e fotografías actuais dos espazos relixiosos Unha das entradas que se pode atopar na web das cantigas de romaría Imaxina un  mapa interactivo  onde poidas consultar (e xeolocalizar) información sobre as  69 cantigas de romaría ou de santuario  que se conservan. Grazas a un proxecto de colaboración entre a Universidade de Santiago (USC) e a Universidade de Carolina do Leste, en Estados Unidos, xa non fai falla que o recrees na túa mente: o mapa xa é unha realidade. A iniciativa  Cantigas de Romaría  combina as novas tecnoloxías co estudo destas  pezas medievais , catalogadas como un suxénero das de amigo, que compoñen o  maior corpus de poesía en voz feminina da Idade Media europea . As cantigas de romaría remiten a igrexas, capelas e ermidas, evocando un pasado festivo vinculado á devoción relixiosa, como segue a acontecer nas romarías e festas patronais de hoxe. As lo...