Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Antigo alumnado do Xan Viaño

Parabéns Álex Armán, Premio extraordinario 23/24

Imaxe
Alex Armán, piano Nesta ocasión dámoslle os parabéns a Álex Armán, alumno que cursou os seus estudos profesionais de piano no CMUS Xan Viaño de Ferrol, e que acaba de recibir o Premio extraordinario na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais no ámbito de música na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2023/24. Parabéns a Álex por este merecido recoñecemento, froito de moito talento e traballo ao longo de todos estes anos no Xan Viaño. Parabéns tamén ao seu profesor de piano Miguel Sancho, que o acompañou e veu crecer dende neno como músico e como persoa.

Unha ferrolana que viaxa polo mundo coa sua frauta. Ariadna Landrove, frauta travesa.

Imaxe
  Ariadna Landrove, antiga alumna de frauta travesa, do CMUS Xan Viaño Nesta ocasión falamos de Ariadna Landrove que realizou os seus estudos no Xan Viaño, especializándose en frauta travesa. Tamén lle damos os nosos parabéns e esperamos que teña moito éxito na sua viaxe musical. Deixamos ligazón para poder ver un artigo publicado en La Voz de Galicia .

Zavala anuncia o lanzamento do seu segundo disco. Carla Romalde, antiga alumna do Xan Viaño !!

Imaxe
  Grupo Zavala coa antiga alumna do Xan Viaño, Carla Romalde, frauta travesa e canto. Da moito gusto anunciar estas novas de alumnado que pasou polo Xan Viaño e que prosiguen coa música. Neste caso, Carla Romalde, xunto cos seus compañeiros, presentan o seu novo disco Pequeno Manual Para Grandes Cambios II (Teoría e Práctica) .  Parabéns polo novo lanzamento a este grupo musical tan valente. Esperamos que teñades moitos éxitos e que nos sigades a compartir moi boa música e talento. Deixamos aquí a ligazón para que vexades un artigo publicado en La Voz de Galicia , falando do seu novo disco. Equipo de Biblioteca do CMUS Xan Viaño