Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ciencias

Atopados na Fonsagrada fósiles de escorpións mariños xigantes de hai 434 millóns de anos...

Imaxe
  Na esquerda, reconstrución artística do escorpión xigante. Na dereita, fósil dun fragmento cutirular de euriptérido atopado na Fonsagrada. Fotos: Wikipedia / Juan Carlos Gutiérrez-Marco. Juan Carlos Gutiérrez-Marco, responsable da investigación: "É un descubrimento importante para a paleontoloxía en Galicia” No  Silúrico , un período de tempo  pertencente á era do Paleozoico , apareceron os primeiros peixes cartilaxinosos e os tiburóns espiñentos. As plantas terrestres só se atopaban nas rexións pantanosas, e os mares cálidos cubrían a meirande parte das masas de terra no ecuador do planeta. Coa chegada deste período,  hai  443,8 millóns de anos , os  glaciares retiráronse  cara o Polo Norte, ata case desaparecer. Isto fixo que  aumentara o nivel dos océanos , deixando para o futuro unha  chea de rexistros de sedimentos mariños  agochados nas rochas de todo o mundo.  Aínda non existía Europa : a  Península Ibérica e  Gal...

Victor Ambros e Gary Ruvkun, gañadores do premio Nobel de Fisioloxía ou Mediciña 2024

Imaxe
  Victor Ambros e Gary Ruvkun, Nobel de Mediciña 2024 por descubrir o microARN O galardón de este ano conmemora aos científicos por atopar o principio fundamental que rixe a regulación da actividade dos xenes. Ambros traballa na Facultade de Mediciña da Universidade de Massachusetts e Ruvkun na de Harvard, en EE UU. Ambros e Ruvkun Ambros e Ruvkun interesáronse por cómo se desenvolven os distintos tipos de células e descubriron o microARN , unha nova clase de diminutas moléculas de ARN Deixamos unha ligazón por se queres ter máis información deste premio que foi concedido.

NOITE GALEGA DE PERSOAS INVESTIGADORAS

Imaxe
  O próximo 24 de setembro terá lugar en toda Galicia a  G-Night  ou Noite Europea das Persoas Investigadoras , un evento que achegará a ciencia a rúas, museos, institucións educativas e bares. Nesta ligazón  tedes toda a información sobre as distintas actividades que se desenvolverán en diferentes cidades galegas.  Non volo perdades!

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Imaxe
  Mes da Ciencia nas bibliotecas escolares ‘Biblioteca escolar... matemático!!!’ é o lema co que este ano as bibliotecas escolares animan os alumnos e alumnas a ampliar o seu coñecemento sobre ciencias, concretamente a saber máis das matemáticas.  Con este obxectivo, as bibliotecas escolares convértense no mes de novembro nun fervedoiro de iniciativas variadas e orixinais, entre as que se inclúen exposicións bibliográficas, guías de lectura sobre obras relacionadas coas ciencias, selección de recursos electrónicos, obradoiros de experimentos científicos, concursos de fotografía matemática, sesións de xogos e mais de lectura e cálculo, que se poden consultar en www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/ .      Ademais, para este comezo do curso, a Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería puxo ao dispor dos centros educativos unhas maletas viaxeiras científicas sobre matemáticas, ás que se sumarán outras sobre ciencias naturais, bioloxía e xeoloxía, as...