Atopados na Fonsagrada fósiles de escorpións mariños xigantes de hai 434 millóns de anos...

 

Na esquerda, reconstrución artística do escorpión xigante. Na dereita, fósil dun fragmento cutirular de euriptérido atopado na Fonsagrada. Fotos: Wikipedia / Juan Carlos Gutiérrez-Marco.

Juan Carlos Gutiérrez-Marco, responsable da investigación: "É un descubrimento importante para a paleontoloxía en Galicia”


No Silúrico, un período de tempo pertencente á era do Paleozoico, apareceron os primeiros peixes cartilaxinosos e os tiburóns espiñentos. As plantas terrestres só se atopaban nas rexións pantanosas, e os mares cálidos cubrían a meirande parte das masas de terra no ecuador do planeta. Coa chegada deste período, hai  443,8 millóns de anos, os glaciares retiráronse cara o Polo Norte, ata case desaparecer. Isto fixo que aumentara o nivel dos océanos, deixando para o futuro unha chea de rexistros de sedimentos mariños agochados nas rochas de todo o mundo. Aínda non existía Europa: a Península Ibérica e Galicia pertencían ao continente de Gondwana.

As XXXIX Xornadas da Sociedade Española de Paleontoloxía, organizadas pola propia sociedade e pola Universidade da Coruña, contan este ano con ata 200 participantes que compartirán o coñecemento máis pioneiro desta disciplina en distintas exposicións e charlas. Ademais, a cidade da Coruña tamén acollerá estes días a Semana da Paleontoloxía, organizada polo grupo de investigación en Paleoclimatoloxía GRICA, pertencente ao Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC.


Tedes nesta ligazón toda a información.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

Concurso microrrelatos Samaín 2024