Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Hora de ler

Os beneficios da lectura nos adolescentes...

Imaxe
  Os adolescentes que len libros de máis de 100 páxinas levan unha vantaxe equivalente aproximadamente a un curso académico en comprensión lectora a quen non o fan, despois de descontar o nivel socioeconómico e cultural da súa familia, que é o que máis inflúe no rendemento académico dos estudantes, segundo datos do informe PISA, a avaliación internacional que realiza cada tres anos a OCDE. Lede este artigo tan interesante... O Equipo de Biblioteca do Xanvi

Damos a benvida ao outono na lareira da biblioteca José Fontenla Leal :D

Imaxe
  Un ano máis damos a benvida ao outono na lareira da biblioteca do CMUS Xan Viaño. Animádevos a pasar e buscar unha lectura apetecibel para este tempiño de outono. Se queredes podedes comentar o que atopáchedes, incluso partituras que estén compostas coa temática desta estación tan colorida. Antonio Vivaldi penso que ten algunha....  Na biblioteca estaredes nun lugar moi quentiño e acolledor para a vosa lectura ou escoita. Se hai algo que non atopas, pídelle axuda ao docente de garda que esté nese momento. Bo outono e boa lectura !!!

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2016

Imaxe
Fonte: Asesoría de Bibliotecas Desde a Subdirección Xeral de Bibliotecas, da Secretaría Xeral de Cultura (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), edítase un cartel co Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2016 , no que se lembran algunhas das datas máis relevantes neste ámbito para o ano que comeza. A delicadísima ilustración é de Tania Solla     Máis información na fonte: Asesoría de Bibliotecas. Hora de Ler