Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2024

EXPOSICIÓN: OS INSTRUMENTOS MUSICAIS NOS CÓMICS DE ASTÉRIX

Imaxe
Xa vos contaron os irreductibles galos o que hai na biblioteca?    Aproveitando que este curso o lema das bibliotecas escolares é a banda deseñada ( unha biblioteca escolar en viñetas ), desde o vindeiro luns 29 de abril e durante todo o mes de maio haberá unha exposición na biblioteca adicada aos instrumentos musicais nos cómics de Astérix. Estades todos invitados

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 31 de maio

Imaxe
  REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Date(s) - 31/05/2024 20:30 - 22:30. Ubicación: Auditorio de Ferrol Baldur Brönnimann, director | Rosanne Philippens, violín John Cage, Atlas Eclipticalis* Erich W. Korngold, Concerto para violín en Re Maior, op. 35 Igor Stravinski, Sinfonía en tres movementos [*Estrea en España] Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado é: 1. Data límite para reservar unha entrada:  luns 27 de maio  ás 19:00 2. As entradas se repartirán por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3. As entradas son persoais e intransferibles. A taquilla do Jofre terá un listado cos alumnos que leven entrada. 4. Os alumnos entrarán ao concerto xunto co profesor acompañante quen levará as entradas.

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 16 de maio

Imaxe
    ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA 16/05/2024. 20:30 - 22:30 . Ubicación: Auditorio de Ferrol Marina Heredia, cantaora | José Trigueros, director Ernesto Halfter, Sinfonietta Manuel De Falla, O amor bruxo (versión orixinal de 1914) Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado é: 1. Data límite para reservar unha entrada:  luns 13 de maio  ás 19:00 2. As entradas se repartirán por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3. As entradas son persoais e intransferibles. A taquilla do Jofre terá un listado cos alumnos que leven entrada. 4. Os alumnos entrarán ao concerto xunto co profesor acompañante quen levará as entradas.

SE LES...

Imaxe
 COLLE UN MARCAPÁXINAS...   E SE NON LES, POR QUE NON COLLES UN E PROBAS? 

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Imaxe
A ilustradora zaragozana Helena Pallarés é a autora do cartel do Día do Libro 2024. O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. Proclamada pola Conferencia Xeral da UNESCO en 1995, esta data simbólica da literatura universal coincide coa da desaparición dos escritores William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega. Esta xornada homenaxea os libros e autores e fomenta o acceso á lectura do maior número de persoas posible.

SERVIZOS: 24 e 25 de abril

Imaxe
        O mércores 24 (de 16:00 a 17:00) e o xoves 25 (de 17:00 a 18:00) de abril a bibl ioteca permanecerá pechada por cuestións organizativas. Un saúdo

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 25 de abril

Imaxe
  Teatro Jofre. 25/4/24 ás 20:30 Cañizares Flamenco Quartet Cañizares (guitarra) Juan Carlos Gómez (segunda guitarra) Charo Espino (baile, castañuelas y palmas) Ángel Muñoz (baile, cajón y palmas) Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado é: 1. Data límite para reservar unha entrada: martes  23 de abril  ás 19:00 2. As entradas se repartirán por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3. As entradas son persoais e intransferibles. A taquilla do Jofre terá un listado cos alumnos que leven entrada. 4. Os alumnos entrarán ao concerto xunto co profesor acompañante quen levará as entradas.

NOVIDADES: linguaxe musical

Imaxe
 Grazas a Impromptu editores S.L. temos novidades en linguaxe musical. Podes consultar a súa disponibilidade na  OPAC

NOVIDADES: canto

Imaxe
  Grazas á editorial Dos Acordes e á Fundación Casa-Museo Manuel María temos novidades en canto. Desde a Fundación e Casa-Museo Manuel María envíannos as partituras das cinco cancións finalistas do 2º Concurso Manuel María de composicións musicais acompañadas do cartaz anunciador da 3ª edición dese mesmo concurso. Aproveitamos para difundir esta nova convocatoria do concurso que tan boa acollida tivo nas súas dúas primeiras edicións. Pódese dispor das Bases completas na súa páxina web: Noticias - Casa-Museo Manuel María (casamuseomanuelmaria.gal) E desde a editorial Dos Acordes, tamén en nome dos autores Carlos Villar-Taboada (Universidade de Valladolid) e Carme Tubío Barreira (Universidade Autónoma de Barcelona), envían o libro Cancións Galegas do Festival de Pontevedra, volume I co desexo de ser de utilidade para o alumnado e profesorado do centro:  " o primeiro número dunha serie, con vocación de continuidade, de partituras de cancións inéditas sobre textos galegos, compostos

7 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Imaxe
 O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde, en recoñecemento á saúde como un dereito básico e universal, así como en promover o acceso a unha atención sanitaria de calidade en todas as rexións do mundo, especialmente na poboación con escasos recursos. 

SERVIZOS: venres 5 de marzo de 17h a 18h

Imaxe
       O venres 5 de abril   a   biblioteca permanecerá pechada de 17 a 18 por cuestións organizativas. Desculpade as molestias Un saúdo

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 25 de abril

Imaxe
Teatro Jofre. 25/4/24 ás 20:30 Cañizares Flamenco Quartet Cañizares (guitarra) Juan Carlos Gómez (segunda guitarra) Charo Espino (baile, castañuelas y palmas) Ángel Muñoz (baile, cajón y palmas) Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado é: 1. Data límite para reservar unha entrada:  luns 22 de abril  ás 19:00 2. As entradas se repartirán por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3. As entradas son persoais e intransferibles. A taquilla do Jofre terá un listado cos alumnos que leven entrada. 4. Os alumnos entrarán ao concerto xunto co profesor acompañante quen levará as entradas.

2 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Imaxe
Ler é liberdade. Ler é respirar. Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a  habitar mundos que nunca vas querer deixar.   Ler permítelle ao teu espírito soñar.   Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.   A plenitude do teu universo só medra cando les.   As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa que logo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.   As historias son menciña. Curan. Reconfortan.   Inspiran. Ensinan.   Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso. RICHARD VAN CAMP, AUTOR TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 18 de abril

Imaxe
                                                    REAL FILHARMONÍA DE GALICIA                                                                                                          Fonte: Ataquilla.com Auditorio de Ferrol: 20:30 Date(s) - 18/04/2024. 20:30 - 22:30   Juan Ferrer, clarinete | Christian Vasquez, director L. Rondón, Fantasía Rucaneá* Piotr Ilich Chaikovski, Sinfonía nº 2 en do menor, Op. 17 Pacho Flores, Concerto para clarinete [*Obra encargo da OSG] Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado é: 1. Data límite para reservar unha entrada:  luns 15 de abril  ás 19:00 2. As entradas se repartirán por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3. As entradas son persoais e intransferibles. A taquilla do Jofre terá un listado cos alumnos que leven entrada. 4. Os alumnos entrarán ao concerto xunto co profesor acompañante quen levará as entradas.

NOVIDADES: xogos en biblioteca

Imaxe
 Xa tedes dispoñibles en biblioteca algúns xogos por se queredes entretervos.  Non poden emprestarse para casa mais aí tedes a posibilidade de xogar sós ou acompañados. Esperamos que os desfrutedes

1 ABRIL: DÍA DAS ARTES GALEGAS

Imaxe
Hoxe,  Día das Artes Galegas , que se celebra cada 1 de abril, estará dedicado ao escultor  Francisco Asorey  (Cambados, 1889-Santiago, 1961) . Así o decidiu na súa pasada sesión ordinaria a Real Academia Galega de Belas Artes, que destaca a figura do artista nacido en  Cambados  como un dos grandes renovadores da escultura española do século XX. «Falar de Francisco Asorey, vinculado á Academia de Belas Artes e á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, é falar da escultura galega por antonomasia. É a significación da escultura galega contemporánea, un escultor imprescindible e un dos grandes artistas galegos do século pasado »