Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Voluntariado

Voluntariado na Biblioteca do Xan Viaño

Imaxe
  Noa Nistal Liñares, pianista. Julia López García, saxofonista. Presentámosvos as nosas voluntarias deste ano na biblioteca do Conservatorio, que están a participar no Programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Chámanse Noa que se etá a formar como pianista e Julia que se estrea este ano co saxo. Levan tres semanas co equipo de biblioteca a aprender o que facemos nela. De momento xa coñecen como ordenamos e etiquetamos os fondos -xa sexan libros, partituras ou outro tipo de soportes- e tamén están a colaborar na actualización das etiquetas das partituras instrumentais e na dinamización das actividades que facemos na biblioteca. Moitas grazas a estas voluntarias que queren axudar a aprender o que se cociña na biblioteca do Xan Viaño !! E se alguén quere participar como voluntario o próximo curso, estade atentos ao blog .... Grazas Noa e Julia !! O Equipo de Biblioteca

Este ano a nosa biblioteca participa no programa Bibliotecas escolares solidarias - Voluntariado para o curso 2024/25 !!

Imaxe
O Portal educativo vén de publicar a Resolución definitiva de centros adheridos ao programa Bibliotecas Escolares Solidarias Voluntariado nas modalidades de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria e Voluntariado na biblioteca escolar Secundaria e outras ensinanzas conforme ao disposto no apartado oito da Resolución do 16 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa Bibliotecas Escolares Solidarias, integrado no PLAN LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de bibliotecas escolares, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25. Este curso fixemos a solicitude para participar e estamos admitidos, coa presenza de alumnado voluntario para colaborar na biblioteca do Xan Viaño. Parabéns e moitas grazas a ese alumnado colaborador!! O Equipo de Biblioteca. Para máis info: PUBLICACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO TEXTO DA RESOLUCIÓN