Novidades na biblioteca. Literatura infantil BATA. Fácil lectura con pictogramas
🎉🥳👏Presentamos con moita ilusión os primeiros libros de lectural fácil con pictogramas da editorial Kalandraka. Texto de BATA . E vos preguntaredes, ¿qué é BATA? Pois isto é o que nos conta a editorial Kalandraka: " Mellorar a calidade de vida das persoas con trastorno do espectro autista e das súas familias é o obxectivo de BATA, asociación de membros de Plena Inclusión que - en base ao compromiso ético - contribúe con apoio e oportunidades para que cada persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, e a súa familia, poidan desenvolver o seu proxecto de vida e promover a súa integración como cidadán con todos os dereitos nunha sociedade xusta e solidaria" Deixamos aquí esta ligazón por se vos interesa investigar e coñecer esta iniciativa. 🕮👪Tedes os libros neste estante da imaxe para poder levalo para a casa e desfrutar en familia dun bo anaquiño de lectura.