Caderno de San Xoán 2026 Ritos, ditos, lendas e tradicións da noite máis máxica de Galiza
Boas!
Estás diante do primeiro caderno de Orgullo Galego no que falaremos sobre a festividade de San Xoán. Esta é unha das noites máis máxicas do ano, un momento no que suceden fenómenos especiais, unha noite na que precisamos celebrar certos ritos para estar protexidas e protexidos. Neste caderno, convidámoste a te mergullares nos ritos e tradicións dunha data liminal que leva séculos marcando ao pobo galego. Aquí atoparás lendas, moitas lendas; tamén descubrirás o papel de figuras mitolóxicas como a Moura ou as Bruxas, aprenderás como facer o cacho de San Xoán, que ditos temos asociados a esta data, o papel do lume, a auga, as herbas e ben máis cousas!
Agardamos que sexa de proveito e poida contribuír a coñecer máis sobre esta data tan senlleira.
Bon San Xoan !
Comentarios
Publicar un comentario